Inicio arrow Aforrar arrow Entidades
Entidades de economía social
Entidades de economia social

estalviar1-140.jpgCondicións para ser sócia de COOP57

  • Poden ser sócias de COOP57 as cooperativas, asociacións, sociedades laborais, montes viciñais en man común, empresas de inserción, movementos sociais e outras entidades da economia social que realicen unha actividade económica de forma autónoma e sobre a base de critèrios de democrácia económica, e que compartan os princípios de finanzas éticas e solidárias de COOP57.
  • Para adquirir a condición de sócia hai que desembolsar o capital mínimo obrigatório que, tal como fixa o Acordo do 20 de novembro de 1996, é de 901,51 euros. O pagamento desta cantidade pódese facer de maneira fraccionada en tres prazos mensuais consecutivos.
  • As achegas obrigatórias das sócias poden participar dos resultados de COOP57, mais non teñen ningunha clase de retribución via xuros. 
  • As sócias poden facer achegas voluntárias de capital.

    Estas achegas remunéranse cun xuro anual que decide a Asembleia e non participan dos resultados de COOP57.
    Para o ano 2013, a Asembleia Ordinária celebrada o 16 de Febreiro aprobou remunerar cun xuro do 1,80% anual as achegas das sócias colaboradoras e as achegas voluntárias das sócias de servizos

    Ningúnha socia pode ter mais do 4% do capital de COOP5

Direitos e deberes

  • As sócias participan na Asembleia da Sección Territorial de COOP57 á que pertenzan con voz e voto. Cada sócia ten un voto, con independéncia das achegas efectuadas. As sócias elixen e poden ser elixidas como delegadas á Asembleia Xeral e ás integrantes dos órganos sociais. De feito, son as propietárias de COOP57, con todo o que iso comporta.
  • As achegas obrigatorias están sometidas ás perdas e aos gaños de COOP57 segundo decisión da Asembleia (o que pode comportar a redución ou a ampliación do capital social obrigatório desembolsado).
  • Segundo a lexislación catalá, só as sócias de COOP57 poden recibir préstamos e beneficiárense dos seus servizos.
  • As achegas das sócias, tanto as obrigatórias como as voluntárias, acredítanse mediante títulos nominativos.
  • O prazo das achegas voluntarias é dun ano, renovábel de xeito automático se non se manifesta a vontade de facer efectivo o reembolso da achega ao seu vencemento.
    Pódese solicitar a devolución por anticipado. No caso de que se faga antes de finalizar o primeiro ano, deixase de cobrar a remuneración devindicada nos últimos dous meses.
  • No caso de perda da condición de sócia, esta ou as súas direito habientes están facultadas para esixir o reembolso da achega obrigatória ao capital social, cuxo valor será estimado sobre a base do balanzo do exercício no que se produza a baixa, unha vez o aprobe a Asembleia Xeral. Deberanse deducir as perdas do exercício, as amortizacións acreditadas e todos os demais conceitos que estableza a Lei.

    Ao importe das achegas obrigatórias, unha vez feitas, se é preciso, as deducións ás que se refire o anterior parágrafo, faranse as seguintes deducións:


    a) No caso de baixa xustificada, non haberá máis dedución mais.
    b) No caso de baixa voluntaria non xustificada, o Consello Reitor, valorando as razóns de separación da sócia, poderá aplicar unha redución de ata o 20%.
    c) No caso de baixa por expulsión, o Consello Reitor, valorando as razóns da sanción, poderá aplicar unha redución de ata o 30%.
  • O prazo de reembolso das achegas obrigatórias ao capital social das sócias non pode exceder os cinco anos a partir da data da baixa (ou os tres anos en caso de defunción), con dereito a percibir, sobre a cantidade non reintegrada, o tipo de xuro básico do Banco de España, incrementado en tres puntos. As cantidades pendentes de reembolso non son susceptíbeis de actualización.

    Con carácter excepcional, se a devolución pode poñer en dificultade a súa estabilidade, COOP57 poderá solicitar á Dirección Xeral competente a ampliación dos prazos citados.
 
RocketTheme Joomla Templates