Respuestas a las preguntas sobre Créditos
En qué inviste COOP57 o seu diñeiro?
Ata o momento, COOP57 outorgou máis de 600 préstamos a proxectos de cooperativas, asociacións e outras entidades da economía social, sempre coa dobre esixencia da viabilidade económica e o rendemento social.

COOP57 só concede préstamos e non da subvencións nin fai achegas a fondo perdido aos seus socios.

O Boletín informativo, en formato electrónico, permite facer un seguimento dos proxectos que se financian (importe, prazos e breve explicación do proxecto financiado).
 
As entidades que piden créditos devolven o diñeiro?
Desde a súa constitución até esta altura, a taxa de morosidade de COOP57 é baixa, atópase moi por debaixo da das entidades financeiras convencionais.

Durante este período algunhas entidades financiadas tiveron problemas para realizar os pagamentos do préstamo. Estas situacións resolvéronse renegociando ou adiando o pagamento para poderen sobardar o momento crítico.

Hai que ter en conta que as entidades que solicitan préstamos son, á súa vez, sócias de COOP57, de forma que tamén acreditan no proxecto e fanse responsábeis del. Todas xuntas criamos un círculo virtuoso.
 
Que garantías se piden para conceder un préstamo?
COOP57 aplica sistemas máis xustos e imaxinativos que as entidades financeiras convencionais. A garantía é persoal e non patrimonial e divídese (garantía mancomunada en vez de solidaria).

Cando se da un préstamo a unha cooperativa ou entidade que ten cinco socios, a responsabilidade divídese entre eles e cada un responde individualmente por unha parte do préstamo, non pola totalidade.

Priorízase o capital humano sobre o financeiro. É un sistema similar ao que aplica o Grameen Bank de Bangla Desh.
 
Que pasa se as entidades que recibiron os préstamos non devolven o diñeiro?
Unha vez esgotadas todas as posibilidades e no caso que a entidade non mostrase ningún interese por devolver o diñeiro, COOP57, en defensa dos dereitos e deberes dos socios e das socias e as socios colaboradores, exercería as accións legais oportunas.
 
COOP57 concede préstamos a particulares?
COOP57 só pode ofrecer os seus servizos financeiros aos seus socios, é dicir, a entidades da economía social (cooperativas, asociacións, fundacións, ONG, etc.).
 
Que criterios éticos e solidarios se aplican?

Os proxectos que reciben o apoio de COOP57 deben satisfacer, como mínimo, as seguintes condicións:

  • Ter unha finalidade, en sentido amplo, de interese social.
  • Estar enraizados no territorio.
  • Colaborar na construción dunha sociedade máis solidaria.
  • Funcionar con criterios de autonomía e xestión democrática.
  • Crear postos de traballo estables.
  • O reparto dos excedentes é en función do traballo aportado.
  • Dispoñer dun proxecto economicamente viable.
  • Ofrecer a capacidade suficiente para poder facer o retorno do préstamo solicitado.
 
Que tipo de xuro cobra COOP57 polos préstamos?

A Asembleia Xeral de sócias de servizos e sócias colaboradoras fixa cada ano o tipo de xuro para remunerar as achegas voluntárias das sócias de servizos e das sócias  colaboradoras. Este xuro é o punto de referéncia para determinar o tipo de xuro que se aplica aos préstamos.

Para o ano 2012, o xuro dos préstamos a médio e longo prazo atópase por baixo do 7% neto anual. Os préstamos non teñen outros gastos nin comisións.

  • Xuro para remunerar as achegas:  2%
  • Xuro para financiar os custos de funcionamento:  4,75%
  • Total xuro dos créditos:  6,75%

Para os outros préstamos os tipos de xuro (ano 2012) son os seguintes:

  • Préstamos de intercooperación: 5,90%
  • Préstamos para financiar circulante: 7,25%
  • Préstamos para anticipar subvencións ou convénios con Administracións Públicas: 7,25%
 
Quen decide que préstamos se conceden?
As solicitudes de préstamos son analisadas pola Comisión Técnica. Elabora un informe, que pode ser favorábel ou negativo, para o Consello de Sección, que é o órgano de cada sección territorial que ten responsabilidade para decidir a concesión dos préstamos.
 
RocketTheme Joomla Templates