|
Cales son os requisitos para ser sócia de COOP57? |
|
Poden ser sócias as entidades da economia social (cooperativas, asociacións, sociedades laborais, empresas de inserción, ONG, montes viciñais en man común, movementos sociais e entidades da economia social en xeral).
Todas as entidades que soliciten entrar en COOP57 deben realizar unha avaliación ética e social. A Comisión Social de cada sección territorial, integrada por persoas voluntárias alleas aos órganos e á estrutura técnica de COOP57, encarrégase de avaliar que a entidade se adecúa aos nosos critérios éticos e sociais.
Unha vez realizada a avaliación ética e social, para ser sócia cómpre efectuar unha achega:
- 901,52 € como achega mínima obrigatória a capital.
- 98,48 € para pagar os gastos de ingreso.
|
|
As sócias poden realizar outras achegas? |
|
As sócias poden realizar achegas voluntárias as veces que queiran (áte un máximo de 200.000 €).
O prazo de estas achegas é dun ano renovábel de xeito automático, coa ideia óbvia, de que cantos máis recursos dispoñamos máis proxectos poderemos financiar a médio e longo prazo.
|
|
As achegas dos socios reciben algún tipo de xuro? |
|
As achegas obrigatorias non reciben ningún xuro porque forman parte do capital de COOP57. Poden participan das perdas e ganancias de COOP57.
As achegas voluntarias, en cambio, remunéranse cun tipo de xuro que fixa anualmente a Asemblea Xeneral. Para o ano 2012 é do 2% anual.
|
|
Cando se actualizan os xuros das achegas? |
|
A remuneración faise efectiva ao vencemento da achega no primeiro ano, coa dedución da retención fiscal correspondente. A sócia ten a opción de cobra-los, através dun ingreso a conta que facilite, ou deixa-lo en COOP57 e aumentar así a súa achega voluntária.
No segundo ano e sucesivos a remuneración faise efectiva o 31 de Decembro.
|
|
Hai que agardar un ano de prazo para recuperar as achegas voluntárias? |
|
A sócia pode solicitar a devolución total ou parcial, por anticipado, das achegas voluntárias. Se se fai antes do primeiro ano, non se percibirá a remuneración xerada nos últimos dous meses.
Por outra parte, a devolución das achegas obrigatórias significa de xeito automático a baixa como sócia e está regulada nos Estatutos sociais.
|
|
Como garante COOP57 as devolucións? |
|
Para poder garantir a devolución das achegas, o 15% do total das achegas de COOP57 non se poden destinar a préstamos. Este 15% está depositado en contas de aforro a corto prazo para poder encarar calquera eventualidade.
|
|