COOP57 comezou a súa actividade en Catalunya a partir da loita das persoas traballadoras da Editorial Bruguera para conservar os seus postos de traballo. Cando a editorial fechou de forma definitiva, un grupo de antigas persoas traballadoras criou un fondo con parte das indemnizacións que recibiron polo seu despedimento para promoveren proxectos económicos que perseguiran a creación de lugares de traballo de calidade, nomeadamente aplicando modelos cooperativos.
No 1996 con este fondo creouse COOP57, so a fórmula xurídica de cooperativa de servizos financeiros. De comezo, o seu desenvolvemento estivo moi vinculado co cooperativismo de traballo asociado, mais de forma progresiva foi alargando a súa base social a outras tipoloxias de entidades da economia social y solidária. De xeito paralelo, tamén foi medrando a súa base de sócias colaboradoras.
A partir de 2005, COOP57 puxo en práctica un crecemento en rede por mor do interese que tiña espertado este experimento noutros territórios. Aquel ano, unha rede de entidades de economia social e solidária de Aragón e COOP57, de xeito conxunto, decidiron partillar o proxecto. A ideia foi aproveitar o modelo, a estrutura xurídica e a estrutura técnica de COOP57, mais aplicando un modelo que permitira que cada território se autoxestionara. Elo deu lugar á criación de COOP57 Aragón en base a un plantexamento de desenvolvemento en rede.
De acordo con estes princípios, a posteriori constituíronse COOP57 Madrid (2006),COOP57 Andalucía (2008) e COOP57 Galiza (2009). En todos estes casos, a chave do éxito na constitución dunha sección territorial de COOP57 ten sido a existéncia dunha rede de economia social e solidária de seu en cada território capaz de xestiona-la.
|