|
General
|
|
Wednesday, 28 de March do 2012 |
|
Apreciados sócios e sócias,
Informamos-vos que a próxima quinta feira 29 de Marzo, Coop57 permanecerá fechada todo o dia. Nas respeitivas asembleias, todos os traballadores e traballadoras teñen decidido sumar-se, por unanimidade, á convocatória de greve xeral contra a última reforma laboral imposta polos mercados financeiros. Ao sermos unha cooperativa, a asembleia ten informado desta decisión ao Consello Reitor. A asembleia ten decidido secundar unha greve de carácter xeral e social desde a máis fundamental e irrenunciábel das solidariedades: con aqueles e aquelas que non poden face-la, cos milleiros de persoas excluidas do circuito da vida digna e coas que máis sofren os efeitos da crise: 11,5 millóns de persoas en situación de pobreza e 5'3 millóns de atinxidas polo desemprego.
É por este motivo que todos os centros de traballo das diferentes seccións territoriais da Cooperativa -Barcelona, Zaragoza, Madrid, Sevilla e Pontevedra- permanecerán fechados. Asemade, a asembleia de traballadores e traballadoras anima a todos e todas a participar das mobilizacións sociais que se reproducirán en todo o Estado.
Recibide un saudo solidário.
Asembleia de traballadores e traballadoras de Coop57
|
|
Noticias Galicia
|
|
Wednesday, 09 de November do 2011 |
|
O domingo 23 de Outubro finalizou o Encontro estatal de Coop57,
un conclave que ten sido un éxito de participación, quer
cuantitativa quer cualitativa. Resultou ser un espazo de democracia
participativa e de reflexión e criatividade cooperativa, no que, como
se evidenciou na apresentación das achegas dos grupos de debate, ninguén
das máis de 300 asistentes ficou sen falar e sen facer propostas.
Logo colocaremos no web a compilación das achegas que se realizaron e os principais números do Encontro.
Entretanto, deixámosvos con dous petiscos : un vídeo elaborado desde
Coop57-Aragó ao seu regreso do Encontro (cun concerto acústico de
Mallacán) e un texto publicado no semanário Directa, escrito polo
politólogo Ricard Vilaregut sob o título 'Leccións'.
Mallacan en concerto con Coop-57. from AraInfo on Vimeo.
Leccións, de Ricard Vilaregut
"A segunda lección, a Asembleia de Coop57
celebrada esta mesma fin de semana en Cotxeres de Sants, na que é unha
das experiéncias de transformación social máis ilusionantes que ten
parido a rede crítica da nosa sociedade. As diferentes dinámicas
xeradas demostraron que é posíbel a participación responsábel,
ordenada, e con resultados tanxíbeis. E face-lo con máis de 250 persoas
–como mínimo– procedentes de calquera parte do
Estado, nunha demostración de internacionalismo entendido á perfeición.
As apertas finais asi confirmábanno. Ambas experiéncias teñen un
denominador común: persoas treinadas na práctica colectiva que non teñen
medo, conscientes de que o futuro depende apenas delas. E esta é a
terceira lección e a máis importante. Definitivamente, unha grande
semana."
|
|
Noticias Galicia
|
|
Wednesday, 13 de April do 2011 |
|
[Editorial Coop57 | Boletin 19 | Febreiro 2011]
• Para que a democracia medre por todas partes e alí onde está máis proscrita: na economía
Terceiro ano da crise sopesando o que queda por facer; baixo a radiografía social dunhas desigualdades crecentes; na estrita realidade de 640.000 persoas pobres e 235.000 persoas desempregadas na Galiza; e cun exercicio pechado novamente con millonarios beneficios bancarios, que desde 2003 disparáronse até os 150.000 millóns de euros acumulados.
Unha crise que vai por barrios e vai por clases e que lembra que vivimos un ciclo de burbulla financeira extensa, de tsunami especulativo devastadoramente intenso, onde uns mitificados modelos de crecemento neoliberal –diñeiro fácil, negocio rápido, pelotada ao momento– caéronnos enriba. E como o feito e non feito sempre pasa factura, as modas pasan e quedan só as ruínas e os cascallos. Máis aínda cando a saída desta crise de amplo espectro e longo alcance definirá o modelo socioeconómico do futuro e as condicións de vida das xeracións vindeiras. Non é pouco.
|
|
Ler máis...
|
|
General
|
|
Wednesday, 23 de June do 2010 |
|
• Participa na construción dunha banca ética cidadá que nos faga avanzar cara un sistema integral de finanzas éticas e solidarias no Estado Español. • A campaña de Coop57 procura a máxima capilaridade, implicación e participación social
Desde este mes de Xuño de 2010 e até o 31 de Decembro de 2012, Coop57 impulsa en Galiza unha campaña de captación de capital social para a construción dunha futura banca ética cidadá através do proxecto FIARE, do que é socia transversal. A iniciativa concrétase en forma de achegas de persoas (desde 300 euros) e de entidades da economía social e solidaria (desde 840 euros). Estas achegas farán parte do capital social da futura cooperativa de crédito europea. Podedes atopar toda a información neste tríptico e podedes descargar todos os documentos e formularios aquí.
Desde Coop57 construimos banca ética. Participa. Unhas outras finanzas son posíbeis e necesarias.
|
|
General
|
|
Monday, 26 de April do 2010 |
|
• Non haberá outro mundo posible se antes non hai outra economía necesaria
• A economía ou a facemos nós, ou será feita contra nós
Raíz. De raíz nacida en semente fértil, que medrou tras décadas de compromiso e loita das xeracións que nos precederon nivelando o longo camiño cara á xustiza social e a democracia económica. Arraigamento de memoria que nos di de onde vimos e fainos intuír cara onde imos. Memoria cooperativa cargada de futuro: de saber que non somos as primeiras, nin seremos nunca as últimas, en intentar transformar as cousas. Raíz que murmura que non é o momento de desfalecer nin de desertar nin de desistir. Senón de todo o contrario: hora de insistir. De insistir desde o callo.
|
|
Ler máis...
|
|
General
|
|
Monday, 14 de December do 2009 |
 Recibíu o Premio o pasado 10 de Decembro en Barcelona na categoría de “Economía Social”
Coop57 recolleu a pasada quinta feira 10 de Decembro, coincidindo co aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o I Premio Proteus de Ética na categoría de Economía Social. Os premios son concedidos pola Editorial Proteus en recoñecemento ao labor de persoas, proxectos e institucións que pola súa actividade ou talante achegan valores positivos á sociedade e o xuri está integrado por unha amplísima selección de profesionais e académicos que están vinculados ao eido da ética. |
|
Ler máis...
|
|
Noticias Galicia
|
|
Sunday, 10 de June do 2007 |
|
Coop57-Galicia xa é unha realidade. O pasado 30 de maio, no Centro Sociocultural o Castiñeiriño de Santiago de Compostela, desenvolveuse a Asemblea Constituínte de Coop57 Galicia, a quinta sección territorial –despois de Cataluña, Aragón, Madrid e Andalucía– dun proxecto cooperativo que medra en rede e horizontalmente. No acto constituínte, participaron ata 16 entidades do mundo cooperativo galego e os 25 primeiros socios e socias colaboradores, acompañados por membros doutras entidades sociais e por persoas interesadas en incorporarse ao proxecto nun futuro inmediato.
|
|
Ler máis...
|
|