Inicio arrow Perguntas habituais
Respuestas a las preguntas más habituales
Se hai benefícios, como se reparten?, quen o decide?
General

A Asembleia de COOP57 ten a potestade para decidir como se distribúen os benefícios. Pódense distribuir entre as sócias de servizos e as sócias colaboradoras ou reinvesti-los en COOP57.

Na práctica, COOP57 sempre ten destinado, unha vez aplicada a porcentaxe que indica a Lei ao Fondo de Reserva Obrigatório e ao Fondo de Educación e Promoción Cooperativa, o 100% dos excedentes a reservas voluntárias para garantir a sustentabilidade económica do proxecto.

 
Onde ten depositados COOP57 os seus recursos próprios?
General

Dada a súa condición xurídica, COOP57 apenas pode depositar os seus recursos en institucións financeiras convencionais. Segundo os nosos acordos internos, como mínimo o 15% dos recursos deben ser líquidos para podermos atender as posíbeis solicitudes de devolución das achegas das sócias de servizos e das sócias colaboradoras.

Actualmente, os recursos que non se poden destinar a préstamos están depositados en caixas cooperativas, en concreto na Caja Laboral, na Caja de Ingenieros e en Bantierra (caixa cooperativa, resultado da fusión da Caja Rural Aragonesa y de los Pirineos, a Caixa d'Advocats e Cajalón).

 
Cales son os requisitos para ser sócia de COOP57?
Entidades

Poden ser sócias as entidades da economia social (cooperativas, asociacións, sociedades laborais, empresas de inserción, ONG, montes viciñais en man común, movementos sociais e entidades da economia social en xeral).

Todas as entidades que soliciten entrar en COOP57 deben realizar unha avaliación ética e social. A Comisión Social de cada sección territorial, integrada por persoas voluntárias alleas aos órganos e  á estrutura técnica de COOP57, encarrégase de avaliar que a entidade se adecúa aos nosos critérios éticos e sociais.

Unha vez realizada a avaliación ética e social, para ser sócia cómpre efectuar unha achega:

  • 901,52 € como achega mínima obrigatória a capital.
  • 98,48 € para pagar os gastos de ingreso.
 
As sócias poden realizar outras achegas?
Entidades

As sócias poden realizar achegas voluntárias as veces que queiran (áte un máximo de 200.000 €).

O prazo de estas achegas é dun ano renovábel de xeito automático, coa ideia óbvia, de que cantos máis recursos dispoñamos máis proxectos poderemos financiar a médio e longo prazo.

 
As achegas dos socios reciben algún tipo de xuro?
Entidades

As achegas obrigatorias non reciben ningún xuro porque forman parte do capital de COOP57. Poden participan das perdas e ganancias de COOP57.

As achegas voluntarias, en cambio, remunéranse cun tipo de xuro que fixa anualmente a Asemblea Xeneral. Para o ano 2012 é do 2% anual. 

 
Cando se actualizan os xuros das achegas?
Entidades

A remuneración faise efectiva ao vencemento da achega no primeiro ano, coa dedución da retención fiscal correspondente. A sócia ten a opción de cobra-los, através  dun ingreso a conta que facilite, ou deixa-lo en COOP57 e aumentar así a súa achega voluntária.

No segundo ano e sucesivos a remuneración faise efectiva o 31 de Decembro.

 
Hai que agardar un ano de prazo para recuperar as achegas voluntárias?
Entidades

A sócia pode solicitar a devolución total ou parcial, por anticipado, das achegas voluntárias. Se se fai antes do primeiro ano, non se percibirá a remuneración xerada nos últimos dous meses.

Por outra parte, a devolución das achegas obrigatórias significa de xeito automático a baixa como sócia e está regulada nos Estatutos sociais.

 
Como garante COOP57 as devolucións?
Entidades
Para poder garantir a devolución das achegas, o 15% do total das achegas de COOP57 non se poden destinar a préstamos. Este 15% está depositado en contas de aforro a corto prazo para poder encarar calquera eventualidade.
 
Como pode participar en COOP57 unha persoa particular?
Personas
Pode participar facéndose sócia. As sócias colaboradoras son persoas que acreditan no proxecto de COOP57 e queren que o seu diñeiro sirva para financiar proxectos coherentes cos seus próprios critèrios éticos e sociais. As sócias colaboradoras non poden ser destinatárias de préstamos, mais poden participar nas asembleias e elixir, e seren elexidas para, os órganos sociais. Alén do máis, reciben de xeito puntual información sobre o destino dos seus recursos.
 
Que requisitos hai que cumprir para ser sócia colaboradora?
Personas
Hai que realizar unha achega ao capital mínima de 300,51 euros.

O prazo da achega é dun ano renovábel de xeito automático, coa ideia óbvia de que cantos máis recursos dispoñamos máis proxectos poderemos financiar a médio e a longo prazo.
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 10 de 24
RocketTheme Joomla Templates