|
COOP57 é unha cooperativa de servizos que destina os seus recursos propios a dar préstamos a proxectos de economía social que promovan a ocupación, fomenten o cooperativismo, o asociacionismo e a solidariedade en xeral, e promovan a sostibilidade sobre a base de principios éticos e solidarios.
Os recursos propios de COOP57 proceden principalmente de dúas fontes:
- Achegas das entidades sociais (cooperativas, asociacións, fundacións e outras entidades da economía social).
- Achegas dos socios e das socias colaboradores (persoas físicas que queren que os seus aforros se xestionen de acordo coas súas inquedanzas éticas e sociais).
En COOP57 sabemos onde vai o noso diñeiro. Investimos en proxectos cun alto contido social e evitamos o paradoxo de estar defendendo principios, causas e valores éticos e solidarios mentres o noso diñeiro pode estar financiando todo o contrario.
En COOP57 decidimos onde vai o noso diñeiro. As persoas e as entidades que depositamos os nosos aforros en COOP57 participamos na determinación dos principios e criterios de inversión e na xestión dos recursos. Xestionamos os nosos recursos con criterios democráticos e de transparencia.
|