Servizos financeiros de COOP57
Créditos
Créditos a curto e longo prazo
Para financiar proxectos e/ou investimentos en inmobilizado.
Mais información…
Circulante
Financiamento de Circulante
Produtos de financiamento de circulante orientados a facilitar operacións a curto prazo, como por exemplo desconto en papel.
Mais información…
Anticipo subvencións
Anticipo de achegamento de administracións públicas
Créditos ponte para adiantar o importe de subvencións de entidades e organismos públicos.
Mais información…
Intercooperación
Créditos intercooperación
Para entidades socias de COOP57 (cooperativas, asociacións, fundacións, ONG e entidades da economía social en xeral).
Mais información…
|
|
COOP57 ofrece os seguintes servizos financeiros:
-
Créditos a curto e longo prazo para financiar proxectos e/ou inversións en inmobilizado
-
Créditos ponte para avanzar o importe de subvencións de entidades e organismos públicos.
-
Produtos de financiamento de circulante orientados a facilitar operacións a curto prazo.
- Créditos intercooperativos, orientados a facilitar operacións entre entidades socias de COOP57.
¿Qué garantías se solicitan?
Para conceder un crédito, COOP57 pide determinadas garantías á entidade que solicita o apoio financeiro e, no seu caso, avais de tipo persoal e non patrimonial, ás persoas que exercen como avaliadores da solicitude. Promóvese, por tanto, que a entidade que recibe este apoio e os seus membros se responsabilizan do diñeiro recibido.
A garantía sempre é mancomunada, isto é, dividida proporcionalmente entre todos os avaliadores, a diferenza das entidades convencionais que esixen avales solidarios (cada avaliador responde da totalidade do importe do crédito).
¿Qué pasa se unha entidade ten dificultades para retornar o crédito?
Cando se detectan problemas de retorno dun crédito, créase unha comisión de seguimento que se encarga de ditaminar as razóns e motivos desa situación, e de propoñer a forma de afrontalos, de maneira que satisfaga tanto á entidade e/ou cooperativa que recibe o crédito como a COOP57.
Só no caso que a entidade que recibe o apoio financeiro de COOP57 se negue a participar na comisión de seguimento, pódense exercer as medidas oportunas.
COOP57 ten como obxectivo esencial o apoio financeiro a proxectos cun alto contido social. O seu fracaso tamén é o noso.
|
|