Inicio arrow Aforrar arrow Persoas arrow Dereitos e deberes
Persoas físicas

Soci/a col·laborador de COOP57A Lei de cooperativas de Catalunya admite a figura da sócia colaboradora. As sócias colaboradoras son as persoas que, sen ser sócias en todos os efectos, vincúlanse a COOP57 porque cren no seu proxecto e queren participar cos seus aforros no desenvolvemento dun instrumento de financiamento alternativo, ético e solidario.

As motivacións persoais que levan ás sócias colaboradoras a participar en COOP57 son várias, mais entre elas poderíamos destacar tres:  

  • Xestionar os seus aforros de forma coherente cos seus próprios princípios éticos.
  • Participar e colaborar cun proxecto cooperativo que ofrece a posibilidade de responsabilizarse do uso dos próprios aforros, é dicir, a autoxestión financeira. As sócias colaboradoras poden decidir onde van parar os seus aforros.
  • Obter un rendemento financeiro vinculado a un alto rendemento social. 

 

Condicións para ser sócia colaboradora de COOP57:

  • Poden ser sócias colaboradoras todas as persoas físicas que compartan os princípios de finanzas éticas e solidárias de COOP57.
  • Para adquirir a condición de sócia colaboradora hai que desembolsar o capital mínimo obrigatório que, tal como establece o Acordo do 20 de novembro de 1996, é de 300,51 euros. O pagamento desta cantidade pódese efectuar de forma fraccionada. 
  • A sócia colaboradora pode facer achegas adicionais as veces que queira. Tamén pode periodificar unha achega mensual de carácter fixo.

 

Dereitos e deberes:

  • As sócias colaboradoras participan na Asembleia de COOP57 con voz e voto. O seu voto está sometido ao límite que establecen os Estatutos sociais: non pode sobardar o 25% da totalidade dos votos sociais.
  • Poden elixir e seren elixidas para os cargos dos órganos sociais de COOP57.
  • As sócias colaboradoras non poden recibir préstamos.
  • O prazo das achegas é dun ano, renovábel de xeito automático se non se manifesta a vontade de facer efectivo o reembolso da achega ao seu vencemento.
  • As achegas remunéranse á altura do seu vencemento no primeiro ano. No segundo e sucesivos anos remunéranse con data de 31 de Decembro.
  • O tipo de xuro para a remuneración fíxase na primeira Asembleia Xeral do exercìcio a proposta do Consello Reitor.
    Para o ano 2013, a Asembleia Xeral, celebrada o 16 de Febereiro, estabeleceu unha remuneración do 1,80% anual.

    Pódese solicitar a devolución das achegas por anticipado. Se se fai antes do cumprimento do primeiro ano non se  cobrará a remuneración devindicada nos últimos dous meses.
  • As achegas das sócias colaboradoras acredítase através de contratos nominativos.
  • As sócias colaboradoras non responden polas débedas sociais de COOP57.
  • As sócias colaboradoras teñen direito a acceder á información da actividade de COOP57. Así, reciben o Boletín Informativo de COOP57, de periodicidade semestral, onde constan todos os proxectos aprobados e financiados.
 
RocketTheme Joomla Templates