Inicio arrow Aforrar

Ahorrar en COOP57

Entidades

Entitats sòcies

Entidade socia

A figura da sócia de servizos (entidades da economia social) pode depositar aforro e recibir financiamento

Mais información… 

Persoas físicas

Soci/a col·laborador

Sócia colaboradora

A figura da sócia colaboradora soamente pode aportar aforro

Mais información… 

Aforrar en COOP57
COOP57 é unha cooperativa de servizos financeiros. Criouse no ano 1995 a partir do compromiso dun grupo de persoas traballadoras  da Editorial Bruguera que decidiu poñer unha parte da indemnización polo seu despedimento ao alcance de proxectos cooperativos de interese social.

Este fondo inicial foise ampliando con aforros de cooperativas e outros tipos de entidades interesadas en promover a autoxestión e a economía social, e con aforros de persoas individuais. Durante estes anos de funcionamento, COOP57 consolidouse como unha sólida experiéncia de intercooperación e de autoxestión financeira.

A lei permite a COOP57 ter dous tipos de sócias, como calquera cooperativa: a entidade sócia e a nomeada sócia colaboradora (segundo a Lei de cooperativas de Catalunya):

  • A figura do sócia de servizos (entidades de economia social) pode depositar aforro e recibir financiamento.
  • A figura do sócia ou socia colaboradora só pode achegar aforro.
As sócias colaboradoras non poden recibir financiamento porque COOP57 non é unha cooperativa de crédito e, por iso, só pode ofrecer os seus servizos ás súas entidades sócias. Segundo a Lei de cooperativas de Catalunya, as sócias colaboradoras non poden levar a cabo a actividade cooperativa (recibir servizos financeiros), mais si que poden colaborar co seu obxecto social.

En base a iso, as sócias colaboradoras poden participar en COOP57 da seguinte maneira:

  • Depositando os seus aforros a prazo.
  • Participando nas asembleias, os encontros e as comisións de traballo.
  • Elixindo as representantes dos órganos sociais (Consellos de Sección, Consello Reitor).
 
RocketTheme Joomla Templates