Inicio arrow Que somos? arrow Principios
Principios de COOP57

COOP57 desenvolve a súa actividade baseándose nos principios da banca ética:

PRINCIPIO DE COHERENCIA

Evitamos a contradición de que o noso diñeiro poida estar financiando proxectos contraditorios cos nosos principios éticos e sociais (como, por exemplo, a industria armamentística, as centrais nucleares, o dumping social, a explotación infantil, os réximes ditoriais, a exfoliación ambiental, etc.). 

PRINCIPIO DE COMPATIBILIDADE

Compatibilizamos o rendemento financeiro e o rendemento social. Un non pode ir disociado do outro. Os criterios de uso do diñeiro baséanse en indicadores relativos de risco, pero non de máximo rendemento para entidade e os seus socios en detrimento do rendemento social.

PRINCIPIO DE PARTICIPACIÓN

Fomentamos a responsabilidade dos inversores aforradores, como cidadáns e cidadás, nas súas operacións financeiras. Facemos da participación na política da entidade das entidades socias e os socios e socias colaboradores un dos nosos sinais de ident0idade. En definitiva, pretendemos recuperar o control dos nosos aforros e recursos económicos e promover a autoxestión financeira. 

PRINCIPIO DE TRANSPARENCIA

Aplicamos unha absoluta transparencia na xestión da entidade, tanto na concesión dos préstamos como nas investimentos
Toda entidade socia e todo socio e socia colaborador sabe perfectamente para qué serven os seus recursos.
Publicamos dúas veces ao ano un boletín informativo electrónico onde se inclúe a lista de préstamos acordados con cada entidade beneficiada, así como o volume e a duración de cada préstamo. A memoria anual culmina esta vontade de transparencia.

PRINCIPIO DE SOLIDARIDADE

As entidades socias e os socios e socias colaboradores sabemos que o noso diñeiro contribúe a construír unha economía mais humana e solidaria. Ademais, podemos manifestar a nosa solidariedade fixando, nós mesmos na Asemblea, a taxa de remuneración dos aforros.

PRINCIPIO DE REFLEXIÓN

Reflexionamos continuamente sobre os principios que deben orientar a nosa acción. Entendemos o comportamento ético como un proceso e repensamos racionalmente os valores que deben orientar a nosa acción, e adaptámonos aos valores e principios que consideramos xustos e prioritarios.

 
RocketTheme Joomla Templates