Regulamento para tramitar solicitudes de financiamento

Regulamento de Réxime
Créditos e servizos, avaliación de risco e coeficiente caixa

Artículo primero.- Objeto del reglamento

Este regulamento de réxime interno ten por obxecto regular o procedemento relativo  ás peticións e resolucións sobre os préstamos e servizos, avaliacións do risco e coeficiente de caixa, de acordo co previsto nas letras a) e b) do artigo 3.1 e os artigos 36.2, 38.4 e 38. 7 dos estatutos aprobados por asemblea o 27 de novembro de 2007.


Artigo Segundo.- Competencias do Consello de Sección e do Consello Rector 

2.1. O Consello de Sección é o competente para resolver sobre os préstamos que se poidan financiar cos recursos da propia sección e relativos ás entidades ou persoas que teña adscritas. Nos mesmos termos é o competente para resolver sobre os servizos que se poidan solicitar comprendidos no seu ámbito territorial. 

2.2. O Consello Rector é o competente para resolver sobre os préstamos que superen as posibilidades de financiamento dunha ou máis seccións e sobre os servizos que poida prestar Coop57 e que superen o ámbito territorial dunha o máis Seccións. 

2.3. A Sección Territorial, co apoio dos Coordinadores, velará pola mellor xestión dos servizos prestados pola Sección. Nos mesmos termos, velarase polo control do risco e o coeficiente de caixa xeral. En todos os casos o Consello Rector asumirá a supervisión e instrumentará os medios para levalo a cabo.

Artigo Terceiro .- Peticións de financiamento e servizos 

3.1. Las peticiones de financiación y servicios se deberán presentar por escrito a Coop57, preferentemente a la Sección Territorial dónde el solicitante esté adscrito.

3.2. As peticións de financiamento e servizos deberanse presentar por escrito a Coop57, preferentemente á Sección Territorial onde o solicitante estea adscrito.

3.3. A documentación mínima a pedir en cada préstamo consta no anexo 1 do presente regulamento, que poderá ser ampliada a criterio da Comisión Técnica ou dos órganos que deban resolver sobre o préstamo. Respecto aos servizos que se soliciten, fixaraos o órgano que deba resolver. 

3.4. Antes da súa resolución polo Consello de Sección ou polo Consello Rector, débese ter un informe preceptivo da Comisión Técnica.

3.5. A Comisión Técnica que debe emitir o informe é a da propia Sección Territorial que debe resolver sobre a petición de financiamento ou servizo solicitado. Se afecta a máis dun territorio, pediranse informes a tantas Comisións Técnicas como ámbitos territoriais afectados.

3.6. O plazo por emitir o informe pola Comisión Técnica é de 15 días naturais. En casos de urxencia xustificada a criterio do Coordinador ou do Consello de Sección pódese pedir á mencionada Comisión que emita o informe preceptivo nun prazo máis breve.

3.7. O contido do informe regúlase no regulamento de réxime interno das Comisións Técnicas.

3.8. Ás reunións da Comisión Técnica asistirá un membro do Consello de Sección ou o Coordinador alí onde non haxa. Se correspondera a súa resolución ao consello Rector, poderá tamén asistir un miembro do mencionado Consello.

3.9. O primeiro Consello de Sección, Consello Reitor que se celebre despois de dispoñer do informe da Comisión Técnica resolverá sobre a petición de préstamo atendendo aos criterios fixados pola asemblea no plan de traballo. O Consello de Sección ou Consello Reitor, antes de resolver, pode pedir a ampliación e/ou aclaracións ao informe.

3.10. Por razóns de urxencia xustificada e de forma excepcional cando se pida un préstamo por unha persoa ou entidade de recoñecida e comprobada solvencia poderase recoñecer o préstamo polos Consello de Sección previa consulta ao Consello Reitor sempre que se dispoña da documentación completada e do acordo do Coordinador Xeral.

3.11. Aprobado o préstamo, elaborarase o correspondente contrato e procederase ao pago do mesmo.

Artigo Cuarto.- Limitacións ás actuacións dos socios de servizos titulares de operacións de financiamento non cancelados ou servizos non liquidados
Voto nas asembleas e baixas como socios

4.1.
Aqueles socios que sexan titulares de operacións de financiamento non canceladas, ou de servizos prestados e non liquidados, previo acordo do Consello Reitor, non poderán votar na Asemblea Xeral en todas aquelas materias que, directa ou indirectamente, poidan afectar ás condicións das mencionadas operacións ou servizos. 

4.2. Ningún socio poderá darse de baixa voluntaria da cooperativa mentres teña obrigas pendentes de cancelación con Coop57, salvo que as garanta suficientemente a criterio do Consello Reitor. 

Artigo Quinto.- Avaliación do risco 

5.1. As Seccións Territoriais velarán porque os activos financeiros que xestionen non asuman riscos innecesarios actuando con criterios de prudencia e diversificación do risco. A estes efectos, contará co apoio dos Coordinadores. En todo caso, o Consello Reitor é o responsable da valoración e supervisión do risco das seccións e global de Coop57 e para o cal instrumentará os indicadores e medios de prevención de riscos que entenda máis axeitados.

5.2. As Seccións Territoriais avaliarán de forma permanente o nivel de risco asumido e emitirán un informe trimestral cunha valoración do risco asumido presente e futuro. Este informe será avaliado polo Consello Reitor, ben directamente, co apoio do Coordinador Xeral, polo Auditor ou polos medios que estime mais axeitados. 

Artigo Sexto.- Coeficiente de caixa 

6.1. As Seccións Territoriais e o Consello Reitor han de respectar en todo momento a tipoloxía e o volume de créditos aprobados na asemblea en función da súa capacidade financeira dispoñible. 

6.2. En ningún caso se poderá superar o coeficiente de caixa establecido anualmente pola Asemblea Xeral.

 
RocketTheme Joomla Templates