|
Documentación a presentar para solicitar o anticipo de subvencións outorgadas polas Administracións e Entidades de carácter público
- Fotocopia da resolución outorgada pola Administración Pública.
- Fotocopia de certificado conforme se está ao corrente das obrigas fiscais e do pago á Seguridade Social.
- Certificado da acta da xunta Directiva ou do Consello Reitor onde se especifica o importe solicitado para financiar a subvención outorgada e o compromiso da devolución no mesmo momento en que se cobre.
- Fotocopia dos poderes outorgados para entidade.
Documentación a apresentar após de se aprobar o anticipo de subvención
- O contrato, de carácter privado, elaborado por Coop57 e que debe ser asinado por unha persoa da entidade con poderes, onde se especifica a cantidade prestada, as condicións económicas do anticipo, o tipo de xuro aplicado…
- Unha obriga de pagamento -pagaré- nominativa polo importe do préstamo concedido e cun vencemento posterior á data de cobro prevista da subvención outorgada.
Calendário de execución
- Cada mes (agás o mes de agosto) reúnese, en sesión ordinária, o Consello de cada Sección Territorial, que é o órgano que aproba os préstamos solicitados a Coop57.
- Unha vez aprobado e asinado o contrato correspondente, o importe do préstamo estará dispoñíbel de contado.
|