Resumo do ano 2015

Pechamos o ano 2015 con moitas cousas feitas e vividas. E moitas que fican por facer. Un ano moi intenso na actividade de Coop57.

En canto á actividade social e creditícia, as previsións de peche de ano sitúannos ao redor das 700 entidades socias e as 3.500 persoas socias colaboradoras, cun incremento durante o 2015 de perto de 100 novas entidades e unhas 350 persoas. Ademais pecharase o ano concedendo máis de 200 empréstitos diferentes ás entidades socias de Coop57.
 

 

O Encontro de Zaragoza

 


Repasando os grandes acontecementos do ano, os primeiros meses viñeron moi marcados polo IIº Encontro de socios e socias celebrado en Zaragoza o pasado mes de abril. Tres días onde máis de 300 persoas e entidades socias de Coop57 debatemos de forma conxunta cara a onde debe avanzar a Cooperativa os próximos anos, seguindo a idea de transformación social e económica desde o ámbito local. Foi unha experiencia moi enriquecedora onde persoas de diferentes territorios, mais con inquietudes similares atopámonos para vernos, sentirnos, escoitarnos, aprender e coller a forza colectiva necesaria para levar a cabo os desafíos dos próximos anos.

Ver o vídeo do Encontro 2015:


Ademais do vídeo, achegámosvos unha síntese das principais ideas e conclusións dos diferentes eixos de debate traballados durante o Encontro 2015 de Coop57, recollidos no último boletín de Coop57:


 

 

Koop57 Euskal Herria e 20 anos de Coop57
 


No mes de Xuño, Coop57 puxo rumbo cara a Euskal Herria onde se constituíu a sexta sección territorial de Coop57: Koop57 Euskal Herria. Ademais, aquel fin de semana  coincidíu coa celebración dos 20 anos de Coop57. Desde o mes de Xuño de 1995, 20 anos ao servizo da transformación social.
ler máis sobre Koop57 EH...
ler máis sobre os 20 anos de Coop57...


e máis...

Outros aspectos destacados deste ano foron: a emisión de 600.000 euros en títulos participativos polo proxecto agrícola de Marinaleda,  o apoio á caixa de resistencia creada para apoiar a folga dos traballadores e traballadoras subcontratadas de Telefónica, a posta en funcionamento da nova páxina web de Coop57 e moitas outras cousas.
ler máis sobre Marinaleda...