En Coop57 estruturámonos de acordo a un modelo organizativo en rede. Isto significa que a nosa forma organizativa é horizontal e está alicerzada nos principios de participación e de arraigo territorial.

Esta estruturación, baseada nunha rede de persoas e entidades que interactúan e que se coñecen e se entrelazan entre si, conforma boa parte da personalidade de Coop57 e, de feito, a participación das persoas e entidades socias é fundamental para o bo funcionamento da cooperativa.

Estamos estruturados por seccións territoriais, cada unha das cales ten os seus propios órganos e estruturas de participación. Coop57 só vai poder existir naqueles territorios nos que se queira que exista. Son as persoas e entidades as que, organizadas en rede, xestionan a creación e a administración de cada sección de Coop57 mediante a participación e a autoxestión.

 

Previamente á configuración dunha sección territorial créase un grupo promotor. Este grupo debe ser o motor encargado de empezar a aglutinar as suficientes persoas e entidades do territorio para a futura creación dunha sección territorial.

O grupo promotor de Euskal Herria creouse no ano 2013.

O traballo realizado polas persoas e entidades promotoras foi intenso e deu os seus froitos. O 20 de xuño de 2015 créase oficialmente a sección territorial de Koop57 Euskal Herria, conformando a sexta sección territorial de Coop57.

 

 

Podedes contactar coa sección territorial en:

Dirección
COOP57 Euskal Herria
Abadiano Murueta, 6
48220, Abadiño

Correo electrónico
koop57eh@coop57.coop

Os datos de Koop57 Euskal Herria a 31 de decembro de 2014 (en castelán):