• Poden ser socios e socias colaboradoras todas as persoas físicas que partillen os principios de finanzas éticas e solidarias de Coop57.
  • Para adquirir a condición de socio ou socia colaboradora hai que desembolsar o capital mínimo obrigatorio de 300 euros. O pago desta contía pódese efectuar de forma fraccionada.
  • O socio ou socia colaboradora  pode facer achegas voluntarias adicionais as veces que queira. Tamén pode realizar achegas periódicas de carácter fixo.

Condicións das achegas:

  • As achegas das persoas socias colaboradoras divídense entre a achega mínima obrigatoria (300 euros) e o resto da achega, que ten carácter voluntario.
  • O prazo das achegas é de carácter indefinido até que se manifeste o contrario.
  • A achega obrigatoria forma parte dos fondos propios de Coop57 e por tanto non estará suxeita a remuneración e a súa devolución debe ser aprobada polo consello reitor.
  • O resto da achega, no caso que haxa, forma parte do capital social voluntario e por tanto estará suxeita á remuneración estabelecida e a súa devolución será de carácter inmediato.
  • Os socios e socias colaboradoras poden ir facendo achegas adicionais e/ou achegas periódicas sempre que se desexe.
  • As achegas voluntarias remunéranse anualmente a data de 31 de decembro.
  • Por acordo da asemblea xeral de Coop57, para o ano 2024, a remuneración ás achegas voluntarias ao capital social é do 0,50% anual.
  • Pódese solicitar a devolución das achegas no momento que se desexe.
  • Non hai ningún prazo mínimo de permanencia nin ningunha clase de penalización.
  • Non existe ningún tipo de custo ou comisión asociada á achega do socio ou socia colaboradora.
  • As achegas dos socios e as socias colaboradores acredítanse mediante contratos nominativos.