Fronte á demora do pagamento de facturas xa comprometidas por parte da administración pública

Empréstitos para avanzar o importe de facturas por prestación de servizos a administracións públicas. Sempre se fai en base contratos xa subscritos onde o pagamento aínda non se efectuou.

Importe e prazos para operación

  • Importe máximo: 90% das facturas outorgadas
  • Retorno do importe no momento do cobro da factura (máximo 12 meses)
  • Posibilidade de reembolso anticipado

Condicións y garantías

  • Pagamento dos xuros ao vencemento ou por cotas mensuais
  • Avais mancomunados polo 100% do importe solicitado
  • Obrigad de pagamento –pagaré - de garantía" para a totalidade do importe que se solicita
  • Achega ao Fondo de Garantías de Empréstitos

Comisións

  • Sen comisións de abertura nin de estudo
  • Sen penalizacións por amortización anticipada nin outro tipo de gastos.

Custo

  • 5,40% anual (para 2018)
  • En certos casos, con recoñecemento de débeda, pódese aplicar o mesmo tipo de xuro que nas cesións de crédito (4,90% para 2018).
  • Custo financeiro final, sen ningún tipo de sobrecusto por outros conceptos.

Documentación

  • Memoria económica que xustifica a necesidade da solicitude de financiamento
  • Contas anuais (ou Imposto de sociedades) dos tres últimos anos (non aplicable no caso de proxectos de nova constitución)
  • Certificado de estar ao día de pagamentos coa Seguranza Social
  • Certificado de estar ao día de pagamentos coa Facenda Pública
  • Copia dos poderes e do nomeamento de cargos do Consello Reitor / Xunta / Padroado da entidade solicitante.
  • Acta do Consello Reitor/Xunta/Padroado onde aparece " reunidas o día ... coa asistencia de ... aproba solicitar un empréstito a Coop57 - especificando motivo , importe e plazo -" , asinado pola Presidencia e Secretaría .
  • Avais mancomunados con  fotocopia do DI / Pasaporte polo 50% do importe solicitado.
  • Persoa que asinará o contrato, de carácter privado, e número de conta bancaria onde Coop57 ten que ingresar o importe do empréstito.
  • Unha obriga de pagamento – pagaré - de "garantía", pola totalidade do importe que se solicita
  • Fotocopia da resolución da subvención que se quere financiar.

Cesión de crédito da administración pública

Trátase de ceder os dereitos de cobramento da subvención en favor de Coop57. Deste xeito, no momento en que a administración efectúa o pagamento pendente, ingrésase directamente Coop57. Unha vez Coop57 recibe o pagamento por parte da administración, desconta a cantidade anticipada, os intereses xerados e ingresa á entidade solicitante o resto da cantidade da subvención.

Condicións y garantías

  • Custo financeiro: 4,90% (ano 2018)
  • Obriga de pagamento de garantía" para a totalidade do importe que se solicita.
  • Coop57 paga a diferenza entre o cobrado e o avanzado nun prazo máximo de 5 días.

Documentación especifica

  • Cesión de crédito asinada pola administración pública