Unha entidade pode participar en Coop57 de dúas maneiras. As entidades ou persoas xurídicas poden ser socias de Coop57, tanto en condición de entidade socia colaboradora, como entidade socia de servizos.


Entidade socia colaboradora:

As entidades socias colaboradoras vincúlanse a COOP57 porque cren no seu proxecto e queren participar cos seus aforros no desenvolvemento dun instrumento de financiamento alternativo, ético e solidario. Poden realizar achegas ao capital social da cooperativa. Os socios e as socias colaboradoras cren no proxecto de Coop57 e queren que o seu diñeiro sirva para financiar proxectos coherentes cos seus propios criterios éticos e sociais.

Entidade socia de servizos:

Poden ser socias de servizos de Coop57 as cooperativas, asociacións, fundacións, empresas de inserción e outras entidades da economía social e solidaria que realicen unha actividade económica de forma autónoma e que, na base da súa actividade, xeren impactos positivos e/ou acheguen valor engadido ao conxunto da sociedade.

As entidades socias de servizos son aquelas que poden recibir préstamos da cooperativa para o desenvolvemento da súa actividade.

  • Poden ser socios de Coop57 as cooperativas, asociacións, fundacións, empresas de inserción e outras entidades da economía social e solidaria que realicen unha actividade económica de forma autónoma e sobre a base de criterios de democracia económica, e que compartan os principios de finanzas éticas e solidarias de Coop57.
  • Para ser entidade socia de servizos débese realizar un proceso de avaliación social do que resulta un informe. A aprobación da aceptación ou non da entidade solicitante como socia de servizos de Coop57 corre a cargo do consello reitor.
  • Para formalizar a condición de entidade socia de servizos débese realizar unha achega obrigatoria ao capital social de 901,52 euros i aboar 98,48 euros para cubrir os gastos de entrada. Pódense achegar no prazo de, ata un ano.
  • As achegas obrigatorias dos socios de servizos (901,52 euros) participan dos resultados de Coop57, pero non xeran ningunha clase de remuneración económica.
  • Adicionalmente, as entidades socias de servizos poden facer achegas voluntarias de capital. Estas achegas remunéranse cun interese anual que decide a Asemblea e non participan dos resultados de COOP57.
  • Ningunha entidade socia de servizos pode ter máis do 4% do capital de Coop57.

Para converterse en socio de servizos de Coop57 débense seguir os seguintes pasos:

1) A entidade debe encher a solicitude de alta como socios, e un cuestionario social. A finalidade deste cuestionario é que Coop57 teña elementos para valorar os aspectos xerais da entidade.

2) Unha vez a entidade devolveu o cuestionario cumprido, a Comisión Social concerta unha reunión coa entidade para afondar sobre os aspectos que trata o cuestionario e poder coñecer de primeira man a organización.

3) Posteriormente á reunión, a Comisión Social emite un informe que pode ser favorable ou non. Este informe pásase ao Consello de Sección e posteriormente ao Consello Reitor, que finalmente resolve a solicitude de incorporación, con toda a información dispoñible.

4) Unha vez a entidade foi admitida como socia, debe facer unha achega ao capital social de Coop57 de 901,52 euros e aboar 98,48 euros como gastos de incorporación. Esta cantidade pódese achegar a prazos.

5) Se a entidade solicita algún dos servizos financeiros, é a Comisión Técnica a que pide as informacións pertinentes para valorar a idoneidade da petición.

Como cooperativa de servizos financeiros, Coop57 só pode traballar con persoas e entidades socias. Polo tanto a figura do cliente non existe en Coop57. Dos tipos de socias que existen na cooperativa, son as entidades socias de servizos as que poden pedir financiamento, co que para pedir financiamento en Coop57, primeiramente, se debe se socia de servizos da cooperativa.

Para solicitar financiamento, a entidade socia débese poñer en contacto coa sección territorial á que pertenza.

 

 

As achegas obrigatorias non reciben ningunha remuneración porque forman parte do capital social obrigatorio de Coop57. Poden participar das perdas e ganancias de Coop57.

As achegas voluntarias, en cambio, remunéranse cun tipo de xuro que cada ano fixa a asemblea xeral. Estas achegas serían igual que as achegas voluntarias que fan os socios e socias colaboradoras. Para o ano 2015 a remuneración fixada é do 1,25% anual. Esta remuneración estableceuse, colectivamente en asemblea, de acordo coas seguintes consideracións: o mantemento do poder adquisitivo e os obxectivos de Coop57.

Para recuperar a achega de Coop57 débese solicitar poñéndose en contacto coa súa sección territorial. Non existe ningún tipo de período de permanencia para as achegas de diñeiro que se realizan a Coop57. Pódense recuperar en calquera momento que se desexe sen ningún tipo de custo ou penalización.

Isto é así para a achega voluntaria que se recupera con carácter inmediato. A devolución da achega obrigatoria implica a baixa como socia de Coop57. Neste caso, será o consello reitor, que se reúne mensualmente, quen debe autorizalo.