Coop57 leva a cabo unha actividade financeira entre os seus socios e socias como cooperativa de servizos. Non somos un banco nin tampouco estamos regulados por ningunha normativa bancaria ou banco central e, en consecuencia, non dispomos da cobertura do fondo de garantía de depósitos do Banco de España.

O diñeiro achegado polos socios e as socias, incluídos os colaboradores, é en calidade de capital social e, por iso, responde da boa marcha da cooperativa.

Non obstante, este feito implica que temos unha gran capacidade de autoxestión. En moitos aspectos, Coop57 autorregúlase e facémolo de maneira colectiva e democrática, seguindo aqueles criterios propios que, entre todos os socios e socias, consideramos máis adecuados.

Neste sentido, Coop57 articula varios mecanismos internos para garantir os aforros das persoas socias.

  • Dedica os seus excedentes a reservas.
  • Esíxelles ás entidades que reciben financiamento que fagan achegas adicionais ao capital social co obxectivo de nutrir un fondo solidario para garantir os empréstitos.
  • Destina o máximo posíbel a provisións para facer fronte a posíbeis impagamentos.
  • Estabelece un límite máximo para os empréstitos que pode obter unha entidade socia, de maneira que así distribúe o risco (como máximo, unha entidade non pode recibir en préstamos máis do 2% dos recursos de que dispón Coop57)
  • O 15% das achegas de aforro non se destinan á concesión de empréstitos co fin de dotar a cooperativa de liquidez para facer fronte ás posíbeis solicitudes de devolución.
  • Coop57 é unha cooperativa que se xestiona de forma democrática e participativa e que estabelece mecanismos para que os socios e socias poidan coñecer adecuadamente e en todo momento a súa situación económica e poidan participar colectivamente na toma de decisións.