Coop57 financia proxectos das entidades da súa base social. Proxectos que achegan un valor engadido á sociedade e que co seu traballo empurran a sociedade cara a realidades máis xustas, solidarias e humanas.
O ámbito de actuación non se limita en sectores determinados senón que abrangue toda a economía sempre que se respecten os principios da economía social e solidaria.
Principalmente incidimos en sectores tales como:
- Cooperativas de todo tipo (traballo, consumo, servizos...).
- Iniciativas de inserción sociolaboral.
- Atención e cura ás persoas.
- Proxectos dos movimentos sociais.
- Sostibilidade e medio.
- Cultura i educación.
- Fomento do traballo estable e de calidade.
- Afondamento democrático e participativo.
- Asociacionismo de base.
O Boletín informativo, publicado semestralmente, permite facer un seguimento, un a un, dos proxectos que se financian (importe, prazos e breve explicación do proxecto financiado).