Galego

O meu aforro ten algún rendimento económico?

As achegas das persoas socias colaboradoras divídense entre a achega mínima obrigatoria (300 euros) e o resto da achega, que ten carácter voluntario.

Galego

Existe un mínimo e/ou un máximo que se pode aforrar?

Existe unha achega mínima obrigatoria que se pide en todas as persoas ou entidades que queren aforrar a Coop57 de 300 euros. Esta achega mínima pertence ao capital social obrigatorio e, por tanto, forma parte dos fondos propios de Coop57. Non se trata de ningunha cota, nin de ningún gasto, ou unha cantidade a fondo perdido, senón que é un saldo mínimo que se pide a todo o mundo para poder ser socia da cooperativa. É dicir, todas as persoas ou entidades socias colaboradoras, teñen como mínimo 300 euros depositados en  Coop57.

Galego

Que significa que o meu aforro sexa una “aportación ao capital social”?

Coop57 non é un banco e como tal non ofrece servizos bancarios (tarxetas, contas correntes, domiciliacións, etc). O aforro en Coop57 canalízase en forma de achegas ao capital social da cooperativa, outorgando así, a condición de socia da cooperativa.

Achegas obrigatorias no capital social: Para converterse en socia colaboradora débese facer unha achega mínima obrigatoria de 300 euros ao capital social de Coop57.

Galego

Que seguridade teñen os meus aforros?

Coop57 leva a cabo unha actividade financeira entre sus personas socias como cooperativa de servizos. Non é un banco e, por tanto, non dispón da cobertura do fondo de garantía de depósitos do Banco de España. O diñeiro achegado por parte dos socios e socias, incluídos os colaboradores, o son en concepto de capital social e, por tanto, responden da boa marcha da cooperativa. 

Galego

Onde ten depositados Coop57 os seus recursos?

Coop57 ten os seus recursos en dous grandes bloques:

O primeiro bloque confórmase polo diñeiro concedido, en forma de préstamos, ás entidades socias.

O segundo bloque é o diñeiro que non se ten concedido en forma de préstamos.

Galego

Páxinas