O pasado mes de Abril celebrouse en Zaragoza o segundo Encontro estatal de Coop57. Este encontro ten por obxecto (ou polo menos un deles) o crear un espazo para o debate, a reflexión e o encontro. Máis ala dos distintos órganos da cooperativa e do día a día das diferentes comisións, considérase imprescindible ter un espazo de participación onde poder atopar o momento para reflexións dende a base e de certa profundidade, que intente como foi o caso do Encontro deste ano, proxectar cara o futuro cales son as necesidades, intereses e vocación da nosa cooperativa de crédito, Coop57.

Co gallo dos encontros, elabórase un dossier coordinado pola Comisión estatal de organización do encontro, coa participación de socias colaboradoras, de servizos e equipo de Coop57. O resultado é un dossier que se pode considerar algo máis que unha ferramenta de traballo para o propio encontro, de feito é un texto que animamos a revisar con calma para poder atopar claves importantes sobre a organización, retos e propostas xurdidas nos pasados anos. Dificilmente pode recoller todo o que rodea a Coop57, pero si unha escolla ambiciosa de elementos que deben ser pensados colectivamente.

Por esta razón, recomendamos que para profundizar máis no coñecemento da cooperativa nun sentido amplo, descarguedes o documento e lle botedes un ollo. A primeira vista poden semellar textos longos de máis para abordar, pero na súa lectura descubriredes un traballo ben interesante.

Se precisades o dossier do Encontro anterior (2011) podedes solicitalo en galicia@coop57.coop

Enlace ao dossier do 2015

Enlace ao video resumo do encontro