Galego

Que son as finanzas éticas?

As finanzas éticas nacen desde os movementos sociais, pacifistas e ecoloxistas, para dar resposta á inquietude de moitas persoas, empresas e entidades que non querían ver como o seu diñeiro estaba vinculado ao fomento de actividades contra as cales loitaban. As finanzas éticas, pois, nacen da idea de “co meu diñeiro non” para máis adiante incorporar a idea “co meu diñeiro si” e fomentar a aparición de entidades que utilizasen ferramentas financeiras para un desenvolvemento positivo da sociedade.

Galego

Que é Coop57?

Coop57 é unha cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios que ten como obxectivo principal contribuír á transformación social da nosa economía e da nosa sociedade. 

Galego

Cal é a orixe de Coop57?

Coop57 iniciou a súa actividade en Catalunya a partir da loita dos traballadores da Editorial Bruguera para manter os seus postos de traballo. En 1986, no medio dunha forte crise industrial da economía española, a coñecida editorial Bruguera declarouse inviable e pasou a mans do Banco de Crédito Industrial. Despois de intentos errados para reflotar a empresa, reconvertela en cooperativa ou buscar comprador, o banco decidiu liquidar a empresa. A isto acolléronse a maioría dos seus 775 traballadores que cansos do proceso, preferiron liquidar os seus contratos.

Galego

Páxinas