Que significa ser socia de Coop57?
Submitted by Coop57 on
Submitted by Coop57 on
Submitted by Coop57 on
Submitted by Coop57 on
Coop57 leva a cabo, como actividade principal, o financiamento de proxectos de economía social e solidaria que contribúan á construción dunha economía transformadora e ao servizo das persoas. Poden recibir financiamento de Coop57 aquelas entidades socias de servizos da cooperativa. Para converterse en socias de servizos existe un proceso de avaliación social onde se analiza se os criterios, principios e valores da entidade son coincidentes cos que ten Coop57. Neste caso, a entidade socia de servizos poderá acceder aos diferentes servizos de financiamento.
Submitted by Coop57 on
Coop57 rexe a súa actividade baseada nos seguintes principios:
Submitted by Coop57 on
O obxectivo principal de Coop57 é a transformación social en positivo da nosa economía e da nosa sociedade. Coop57 enténdese a si mesma como unha ferramenta ao servizo dos seus socios e socias e ao servizo desta transformación social. Coop57, por si soa, non poderá transformar a sociedade. O diñeiro por se só, tampouco poderá transformar a sociedade. Serán as entidades, grupos, colectivos e persoas que traballan para esta transformación social as que poderán incidir a modificar a realidade e mellorar a situación do conxunto da socieda.