Contacto: 
881889460
info@viraventos.org
www.viraventos.org
Dirección: 
Mosteiro de Caaveiro 4
15010
A Coruña

Ver mapa >>

Sección territorial :

Forma xurídica :

 

Descrición da entidade: 

Viraventos naceu no ano 2007 para dar acollida e orientación aos colectivos inmigrantes chegados a Galicia, porque cremos na igualdade entre persoas e culturas. Tras case dez anos de experiencia queremos consolidar proxectos de convivencia e intercambio cultural entre galegos e galegas de aqui e de acolá, para axudar a construír o futuro dun País enriquecido pola súa diversidade.
Traballamos para garantir a igualdade e a convivencia entre persoas con diversas orixes nacionais ou culturais. Facémolo desde a reivindicación, a proximidade e o afecto por todas as identidades.Queremos promover unha conciencia crítica que cuestione as causas da pobreza e da desigualdade, as asimétricas relacións entre países e o actual funcionamento de gobernos e organismos internacionais.
O noso compromiso quere contribuír á construción dun novo modelo social baseado na interculturalidade e a xustiza por medio tanto da intervención directa co colectivo inmigrante –os novos galegos e galegas- como da sensibilización sobre a importancia da diversidade, do respecto e o diálogo entre culturas como contribución á cohesión social.