Submitted by Coop57 on

O pasado 24 de maio tivo lugar no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a Festa da lingua. Un evento organizado polas Escolas de ensino en galego Semente.


Foi un acto festivo, no que alén de participar artistas de primeira orde do panorama musical galego, tamén tiveron presenza entidades e colectivos que desde o seu ámbito, tamén apoian o proxecto das Sementes.
E claro, Coop57 Galiza tampouco podía faltar á cita
Como sabedes, Coop57 financiou no seu momento con dous préstamos ás escolas Semente Trasancos e Semente Compostela, grazas aos cales puideron afrontar a compra e reforma dos inmobles nos que actualmente se desenvolve a actividade de ensino de infantil e primaria.
Un ensino que vai máis aló de darlle unha centralidade ao idioma do País. Tamén é unha escola de valores: democracia, igualdade, inclusión....
Mil primaveras máis para a Lingua galega e para as Sementes!!!

