Os aforros que se depositan a Coop57 servirán, exclusivamente, para conceder préstamos ás entidades socias de servizos de Coop57. Estas entidades son proxectos baseados nos principios da economía social e solidaria e que para converterse en socias de servizos de Coop57 superaron unha rigorosa avaliación ética e social que analiza que sexan proxectos que acheguen algún tipo de valor engadido ao conxunto da sociedade.

Unha vez a entidade é socia de servizos da cooperativa é cando pode acceder a financiamento. No caso de que a entidade así o solicite farase, entón, unha avaliación técnica e financeira da viabilidade do proxecto para conceder aquel financiamento.

Os proxectos financiados oriéntanse á xeración de postos de traballo estables e de calidade en modelos cooperativos, iniciativas de inserción sociolaboral, proxectos dos movementos sociais, atención ás persoas e a colectivos vulnerables, sustentabilidade e medio ambiente,  agroecología, comercialización xusta, desenvolvemento comunitario, cultura e educación, modelos que fomentan unha profundización democrática e participativa ou o asociacionismo de base, entre moitos outros.

En definitiva, proxectos que empuxen a nosa economía e a nosa sociedade cara a realidades máis xustas, equitativas e, sobre todo, máis humanas.

Galego

Tipo de pregunta:

Número: 
2