As Comunidades Enerxéticas Locais (CEL) están formadas por persoas  e entidades que teñen como obxectivo a transición e soberanía enerxética que ademais do autoconsumo compartido de enerxía  eléctrica renovable. Entre os seus obxectivos tamén incorporan outros aspectos como a eficiencia enerxética e redución de consumo, a rehabilitación enerxética de edificios, a mobilidade eléctrica compartida e a loita contra a pobreza enerxética.

 O barrio de Sants de Barcelona, conta (desde 2022) coa Comunidade Enerxética La Bordeta, que aglutina persoas físicas e entidades do barrio de Sants e La Bordeta interesadas en avanzar cara un consumo enerxético máis sustentable e soberano. Desde entón, a CEL puxo en marcha  varias iniciativas, entre as cales, liderar a transición enerxética dunha maneira pioneira en Barcelona.
 

Os socios e socias de CEL conseguiron facer realidade a instalación de placas fotovoltaicas en cinco edificios do barrio. Para conseguilo pediron varios créditos a Coop57: un para encarar a primeira fase de instalacións de placas, e outro pola segunda fase, que se fixeron realidade este mes de febreiro.

Actualmente, xa están en funcionamento as placas fotovoltaicas nos tellados dos edificios La Borda, La Diversa, Federación de Cooperativas de Consumo, La Comunal e Eco Central.


Nun futuro, a CEL prevé ofrecer tamén servizos de mobilidade sustentables e compartidos, así como contar con puntos de carga de vehículos  eléctricos.

 

Contido relacionado:
vídeo Historias de transformación colectiva. Cap 2.

Sale en portada general: