Coop57 adhírese e apoia a folga feminista da próxima quinta feira/xoves, 8 de marzo, e anima a todas as persoas e entidades socias de Coop57 e á sociedade en xeral a participar de forma activa desta xornada.

Unha folga laboral, estudantil, de consumo e de coidados e que, ao berro de "Nós paramos!", pretende ser un día de loita, denuncia e visibilización das desigualdades e agresións que sofren as mulleres nas distintas esferas da sociedade.

 

 

Para máis información: http://hacialahuelgafeminista.org