Para se converter en socia de servizos de Coop57 débense seguir os seguintes pasos:
1) A entidade debe cubrir a solicitude de alta como socia, e un cuestionario social. A finalidade deste cuestionario é que Coop57 teña elementos para valorar os aspectos xerais da entidade.
2) Unha vez a entidade devolveu o cuestionario cuberto, a Comisión Social concerta unha reunión coa entidade para afondar sobre os aspectos que trata o cuestionario e poder coñecer de primeira man a organización.
3) Posteriormente á reunión, a Comisión Social emite un informe que pode ser favorábel ou non. Este informe pásase ao Consello de Sección e posteriormente ao Consello Reitor, que finalmente resolve a solicitude de incorporación, con toda a información dispoñíbel.
4) Unha vez a entidade foi admitida como socia, debe facer unha achega ao capital social de Coop57 de 901,52 euros e aboar 98,48 euros como gastos de incorporación.
5) Se a entidade solicita algún dos servizos financeiros, é a Comisión Técnica a que pide as informacións pertinentes para valorar a idoneidade da petición.
Para iniciar os trámites podes encher o cuestionario seguinte:
Formulario para solicitar o alta como socio de servizos
Tamén podes solicitar información por correo electrónico enviando un correo ao enderezo ou dirixíndote, fisicamente, ás sedes de Coop57. Para consultar os datos de contacto ir aquí.