Para converterse en entiade socia de servizos de Coop57 téñense que seguir os seguintes pasos:

1) A entidade ten que encher a solicitude de alta como socia e un cuestionario social. A finalidade deste cuestionario é que Coop57 teña elementos para valorar os aspectos xerais da entidade.

2) Unha vez a entidade devolveu o cuestionario cheo, a Comisión Social concerta unha reunión coa entidade para profundar sobre os aspectos que trata o cuestionario e poder coñecer de primeira man a organización.

3) Posteriormente á reunión, a Comisión Social emite un informe que pode ser favorable ou non. Este informe pásase ao Consello de Sección e posteriormente ao Consello Reitor, que finalmente resolve a solicitude de incorporación, con toda a información dispoñible.

4) Unha vez a entidade foi admitida como socia, ten que facer unha achega no capital social de Coop57 de 901,52 euros e abonar 98,48 euros como gastos de incorporación.

5) Se a entidade solicita algún dos servizos financeiros, é a Comisión Técnica a que pide as informacións pertinentes para valorar a idoneidade da petición.

Galego

Tipo de pregunta:

Número: 
10