Galego

Canto tempo pode tardar a obtención dun préstamo?

Unha das principais características e vontades de  Coop57 é ser áxil e flexible, para conceder financiamento.

O procedemento para obter financiamento téntase que sexa no menor tempo posible pero sempre respectando os procesos establecidos en Coop57 para todos os casos.

Así, dependendo de se a entidade é socia de servizos ou non no momento de pedir a solicitude, pode haber variacións nos tempos.

Galego

Que pasos debo facer para convertirme en socia de servizos de Coop57?

Para converterse en entiade socia de servizos de Coop57 téñense que seguir os seguintes pasos:

1) A entidade ten que encher a solicitude de alta como socia e un cuestionario social. A finalidade deste cuestionario é que Coop57 teña elementos para valorar os aspectos xerais da entidade.

Galego

Para recibir financiamento de Coop57, é obrigatorio ser entidade socia?

Si.  Coop57 é unha cooperativa e como tal opera, exclusivamente, coas suas persoas e entidades socias. A figura do cliente non existe en Coop57 e así, todo o mundo que se relaciona con Coop57, faio desde a posición de socia.

Por tanto, para acceder ao financiamento débese ser previamente socia de servizos de Coop57.

Galego

Quen decide que préstamos concédense e cales non?

As solicitudes de préstamos son analizadas por parte da Comisión Técnica. A súa función é valorar que os proxectos sexan viables e poidan afrontar a devolución do préstamo. Os seus membros son persoas vinculadas á economía social e solidaria e con coñecementos económicos e financeiros, pero independentes da estrutura técnica laboral de Coop57.

A Comisión Técnica elabora un informe, que pode ser favorable ou negativo, para o Consello de Sección, que é o órgano de cada sección territorial que ten a responsabilidade de decidir a concesión dos préstamos.

Galego

Páxinas