
No último ano, en Coop57 puxemos a disposición de todas as nosas socias diferentes maneiras de aforrar, ampliando o abano de opcións de achegas para adaptarnos ao conxunto de necesidades. Porque hai moitas formas de aforrar, pero ningunha como facelo con Coop57.
Por que aforrar en Coop57?
A orixe da palabra aforro provén do latín estalbeare e dábaselle o significado de protección ou lugar protexido. Na economía capitalista depredadora, cando gardamos os nosos aforros nunha das entidades financeiras do Ibex-35 estamos desprotegiendo ás persoas máis vulnerables e un progreso social equitativo e solidario. Aforrando en Coop57, estamos a protexer o valor social da acción colectiva. Facémonos soberanos do noso diñeiro e decidimos que queremos que se constrúa. Ademais, en Coop57 pódense facer achegas de maneira puntual ou periódica, con permanencia ou sen ela, pondo moito ou pondo pouco. En definitiva, as socias deciden o rumbo dos seus aforros:

- Queres pór agora algo de diñeiro en aforro coa máxima dispoñibilidade por se necesitas recuperalo? Fai unha achega puntual sen permanencia (SUMA)
- Queres aforrar un pouco do que ingresas cada mes? Fai achegas periódicas domiciliando unha parte coa Hucha, e retíraas cando as necesites (A HUCHA)
- Gustaríache dar un longo percorrido ao teu diñeiro e obter máis remuneración? Elixe a opción de achegas con permanencia (MULTIPLICA).
- Tes dúbidas sobre que tipo de achega necesitas? Tamén podes dividir o diñeiro en máis dunha destas opcións!
Onde van parar as achegas?
As nosas socias conviven coa tranquilidade de non ter que renunciar aos seus valores: saben con convencemento que financiamos proxectos de soberanía alimentaria, de cooperativas de enerxías renovables, de mobilidade sustentable ou telefonía ética, de cooperativas de vivenda, de proxectos culturais arraigados ao territorio e de dinamización comunitaria, de proxectos sociais, de inserción sociolaboral ou proxectos de sensibilización ambiental.
Do mesmo xeito, saben que nin co seu nome nin co seu diñeiro avalaremos a economía de casino, da especulación inmobiliaria ou alimentaria, a economía depredadora de ecosistemas e de comunidades enteiras. A economía das marcas: en 2025, outra vez, marca de beneficios da gran banca española, cun incremento do 73% respecto ao ano anterior, con 25.000 millóns de euros de beneficios en tan só 9 meses. Ao mesmo tempo, aumento de desafiuzamentos en 2025 respecto ao ano anterior, cun incremento interanual de máis do 25%. Dous titulares xuntos sempre se entenden mellor.
Agora tócache a ti decidir se queres que o teu diñeiro estea san e salvo.




