A economía social e solidaria arráigase en valores que concordan con reclamos dos feminismos. A ESS e a economía feminista teñen como loita común a superación do capitalismo, para deixar de poñer no centro os intereses do mercado e do traballo produtivo. Para cambiar o foco e centralizar os coidados e o sostemento da vida como obxectivo de todas as esferas produtivas e reprodutivas. 

Os feminismos e a ESS buscan modelos de sustentabilidade que superen as lóxicas de competición, especulación, extractivismo, espolio, sexismo, racismo e desigualdade. Que vaia máis aló dos xugos  binaristas de xénero do heteropatriarcado. En resumo, unha economía que non sexa patriarcal nin colonial.

Neste sentido, os compromisos da economía social e solidaria contribúen á construción dunhas formas de facer que desmonten as desigualdades. Por exemplo, con medidas para promover a participación e o empoderamento das mulleres, tamén desde a garantía dunha democracia interna nas organizacións da ESS. Á vez, o interese por garantir a sustentabilidade da vida tradúcese en medidas que promoven a conciliación familiar e persoal, acollendo as necesidades de coidados e valorando os impactos negativos que ten o productivismo do marco capitalista.

Impactos que, como a desigualdade salarial, están moi identificados pero nada abordados na economía convencional, e que non chegan a recoller todas as violencias e opresións que as mulleres viven polo feito de ser mulleres -como nos lembra a efeméride do 8 de marzo. Que, ademais, empeóranse e agravan cando sumamos outras interseccións: a orixe, se se está nunha situación administrativa irregular, a orientación sexual, a pertenza a un colectivo  minorizado, identificarse cun xénero non  binario...

En Coop57 contamos con moitas socias de servizos que están compostas integramente por mulleres e por persoas non binarias. Proxectos que demostran que hai outras maneiras de facer e que hai unha economía que se rexe polos valores e non polos beneficios. Tamén é importante destacar como estes proxectos a miúdo tecen redes e se alían en intercooperación, en comisións ou agrupacións para traballar conxuntamente e achegar unha perspectiva feminista. Compartímosvos algúns exemplos destas organizacións.
 
  1. Leitmotiv (Coop57 Andalucía, cooperativa)
  2. Librería La Clandestina (Coop57 Andalucía, cooperativa)
  3. Asociación El Cotaller (Coop57 Andalucía, asociación)
  4. Asociación de Mujeres del Medio Rural (Coop57 Andalucía, asociación)
  5. Telegrama Cultural (Coop57 Andalucía, cooperativa)
  6. Chuitos Escuela Infantil (Coop57 Andalucía, cooperativa)
  7. Desmontando a la Pili (Coop57 Aragón, cooperativa)
  8. La Bezindalla (Coop57 Aragón, cooperativa)
  9. Pestalozzi (Coop57 Aragón, cooperativa)
  10. TIEBEL (Coop57 Aragón, cooperativa)
  11. 2AVIA Acompañamiento Terapéutico (Coop57 Aragón, cooperativa)
  12. TINSER (Coop57 Aragón, SLU)
  13. Punto de Apoyo y Rehabilitación Psicosocial Comunitaria (Coop57 Aragón, cooperativa)
  14. Recreando Estudio Creativo (Coop57 Aragón, cooperativa)
  15. Col·lectiu Punt 6 (Coop57 Catalunya, cooperativa)
  16. Associació d'Atenció a Dones Agredides Sexualment AADAS (Coop57 Catalunya, asociación)
  17. La Raposa del Poble Sec (Coop57 Catalunya, cooperativa)
  18. Fil a l'agulla (Coop57 Catalunya, cooperativa)
  19. Centre de dones Francesca Bonnemaison (Coop57 Catalunya, asociación)
  20. El Safareig. Grup de Dones Feministes de Cerdanyola (Coop57 Catalunya, asociación)
  21. La Morada (Coop57 Catalunya, covivienda)
  22. Genera (Coop57 Catalunya, asociación)
  23. La Tremenda (Coop57 Catalunya, cooperativa)
  24. Drac Màgic (Coop57 Catalunya,
  25. Associació Drets Sexuals i Reproductius (Coop57 Catalunya, asociación)
  26. Xarxa de dones directives i professionals de l'acció social (Coop57 Catalunya, asociación)
  27. Barabara Educació (Coop57 Catalunya, cooperativa)
  28. Mujeres Palante (Coop57 Catalunya, asociación)
  29. La Pera Comunicació (Coop57 Catalunya, cooperativa)
  30. Caladona (Coop57 Catalunya, asociación)
  31. Equilatera (Coop57 Catalunya, cooperativa)
  32. Dones amb empenta (Coop57 Catalunya, asociación)
  33. Associació Promotora de Dones cineastes i de Mitjans Audiovisulas de Catalunya CIMA (Coop57 Catalunya, asociación)
  34. Associació Intercultural Diàlegs de Dona (Coop57 Catalunya, asociación)
  35. Cierto Estudio Arquitectura (Coop57 Catalunya, cooperativa)
  36. Aholku (Koop57 Euskal Herria, cooperativa)
  37. Consonni Ediciones (Koop57 Euskal Herria, cooperativa)
  38. Sudergintza (Koop57 Euskal Herria, cooperativa)
  39. Milhulloa (Coop57 Galiza, cooperativa) 
  40. Mulleres Colleiteiras (Coop57 Galiza, cooperativa)
  41. As Lilandeiras (Coop57 Galiza, cooperativa) 
  42. Ardora Formación e servizos (Coop57 Galiza, cooperativa)
  43. Barquito Velero (Coop57 Galiza, cooperativa)
  44. Melandrainas (Coop57 Galiza, cooperativa)
  45. O Cable Inglés (Coop57 Galiza, cooperativa)
  46. Ribeira do Navia (Coop57 Galiza, cooperativa)
  47. Dabne (Coop57 Madrid, cooperativa)
  48. Famylias (Coop57 Madrid, cooperativa)
  49. Signar (Coop57 Madrid, cooperativa)
  50. Asociación Instituto Mujeres y Cooperación IMC (Coop57 Madrid, asociación)
 
Ademais, tamén son unha demostración que non só hai que romper os teitos de cristal, porque se non temos coidado, é fácil reproducir as desigualdades patriarcais noutra escala. Hai que desmontar todos os teitos para que xa non haxa pirámides de poder e desmontar os chans pegañentos, que en especial restrinxen e cualifican ás mulleres empobrecidas, racializadas, de ámbitos rurais ou con diversidade funcional a uns sectores máis  precarizados, con máis explotación e máis  invisibilizados.
 
Agora ben, se a ESS ten outro valor é o da vontade de mellora e da autocrítica. A reflexión a partir das múltiples e variadas experiencias, tanto no ámbito local como global, contribúe a ir detectando os camiños para percorrer e os retos vixentes e futuros. Por exemplo, no estudo que publicaron desde REAS Rede de Redes "Las mujeres en la ESS: informe sobre perfil competencial" (2021), detéctase que a miúdo as mulleres na economía social e solidaria "traballan moito e case na fronteira da sobrecarga. A principal diferenza respecto as súas homólogas fose do ámbito está na incesante vontade de desenvolver a actividade económica de acordo cos valores da ESS. As mulleres consideran máis prioritario atopar este punto de equilibrio que os seus compañeiros masculinos. Os temas dos coidados e a conciliación das súas vidas profesionais e persoais son asuntos que as preocupan e teñen impacto nas decisións que toman no traballo".
 
Finalmente, é importante destacar que fai falta unha análise feminista das finanzas e das posibilidades, as ferramentas e as actuacións específicas para resolver as problemáticas que se atopan colectivamente as iniciativas de economía social e solidaria que impulsan as mulleres e as persoas non binarias.
Sale en portada general: