Na primavera de 2019, un grupo de persoas proveniente de diferentes entidades e movementos sociais convocaron un encontro aberto en Palma para reflexionar conxuntamente no contorno da necesidade dunha ferramenta de servizos fnanceiros que contribuíse ao impulso das economías transformadoras.

Daquel encontro, que reuniu unhas corenta persoas e entidades, conformouse o que hoxe é o grupo promotor de Coop57 Mallorca- constituído ofcialmente na asemblea xeral de febreiro de 2020- e que comezou o traballo de difundir o proxecto de entidades da economía social e solidaria á vez que ía traballando a nivel máis interno a análise, o debate estratéxico e a formación.
 
O impacto da pandemia supuxo unha pequena parada da actividade que agora volve coller pulo. As accións que fixemos ata agora consistiron en presentacións públicas en diferentes vilas (Porreres, Manacor, Esporles), as visitas a entidades e proxectos incipientes interesados nos servizos de Coop57 e as relacións na contorna do Mercado Social das Illas Baleares.

Neste momento en Mallorca, hai catro entidades socias de servizos de Coop57 e un número crecente de socias colaboradoras, non temos marcado ningún prazo para lograr a creación dunha sección territorial, imos avanzando respectando os mesmos ritmos de traballo e, aínda así, co traballo conxunto coa sección territorial de Catalunya xa podemos dar resposta ás necesidades fnanceiras das socias.

Consolidando este traballo, a creación dunha sección territorial de Coop57 Mallorca con todas as súas estruturas será unha consecuencia que chegará de forma natural. Mentres tanto, seguimos facendo traballo a disposición da economía social e solidaria.
 
 
Sale en portada general: