A pandemia chegou abruptamente. E con esta, o traballo a distancia. A pesar de estar presente en moitos sectores, chocaba co espírito de Coop57. Gústanos traballar coa proximidade por bandeira, especialmente coas nosas socias. 

Aínda así, é preciso recalcar que durante o primeiro semestre non teletraballamos. Vivimos nun confnamento, con toda a carga familiar, emocional, física, económica e social que isto supón á vez que continuabamos traballando. E mentres tanto, intentabamos manter o espírito de equipo, tanto das traballadoras como dos órganos políticos e as comisións. Preservando a confanza e proximidade coas socias de servizos e colaboradoras. Reorganizándonos coa maior celeridade para atender o impacto da crise sanitaria e socioeconómica que gañaba forza a cada segundo.

Analizar o confinamento desde diferentes eixes de desigualdades evidencia que non foi igual para todos os fogares. Require un teito seguro, un espazo acondicionado para o traballo, apoio ás tarefas de coidados ou non ter persoas a cargo. Desde casa, concentrarse e xestionar a xornada laboral non é doado. Máis aínda cando o tetris esixe unha flexibilidade desmesurada para coordinar equipos de traballo grandes, encaixando particularidades e necesidades diversas. 

Incluso tivemos problemas loxísticos de todo tipo: faltaban ferramentas compartidas na nube; procesos que esixen presencialidade ou papel impreso; coordinar a central telefónica foi un reto… Co engadido do volume incrementado de traballo e os impedimentos sobrevidos, puxemos a proba o teletraballo. Unha grande estrea sen ensaio xeral.

Non todas partiamos da mesma casa de saída fronte ao confnamento. Nunca poden deixarse de lado as interxeccións de xénero, orixe, idade, clase, territorio… E se lle engadimos as vertentes físicas ou emocionais, o teletraballo tamén require manter en plena pandemia un bo estado de saúde, incluída a mental. Aprender a nadar no mar e sen flotador. O escollo máis grande foi a conciliación da vida persoal e laboral.

Por outro lado, algunhas compañeiras do equipo técnico xa teletraballaban antes da pandemia. O confnamento fxo comúns as carencias que sufrían, derivadas por exemplo da falta de espazos de encontro físico. Demostrando, nun contexto así, as difcultades para coidar e ser coidadas polo resto de traballadoras da cooperativa. Aínda así, a mesma natureza de Coop57, baseada en círculos de persoas compartindo o coidado e
a entidade en órganos políticos e comisións, faina resiliente fronte a situacións deste tipo. A pesar da dureza do contexto que nos rodea, este empúrranos a seguir aprendendo como organización.

Vimos que o teletraballo é factíbel e detectamos os erros a entender. Agora, teriamos que ver se o teletraballo é desexábel. Como reformulamos o peche do traballo produtivo nas casas? Como aproveitamos as potencialidades? A maior liberdade de xestión dos tempos ou o aforro no desprazamento, por exemplo. Está claro que o teletraballo a pau seco, sen unha restruturación social que asuma colectivamente os coidados, atomiza máis a sociedade e empeora o panorama laboral. O reto é descubrir a forma sustentábel de vivir neste mundo que cambiou tanto en menos dun ano.

Sale en portada general: