
Hai unhas semanas informámosvos de que sufriramos un ciberataque. Desde entón, estivemos traballando intensamente para xestionar a incidencia e reforzar a seguridade dos nosos sistemas. Hoxe queremos explicarvos, con transparencia e responsabilidade, en que punto estamos e que accións puxemos en marcha.
Despois de analizar con profundidade o alcance do ataque, podemos confirmar con total certeza que só afectou a un dos nosos servidores. O resto das nosas infraestruturas dixitais —o software de xestión, a oficina virtual, o servidor web e os espazos compartidos con órganos políticos— non se viron comprometidos e funcionaron con total normalidade en todo momento. En consecuencia, a actividade financeira e operativa de Coop57 non se viu alterada, e puidemos seguir desenvolvendo o noso labor como sempre.
Que fixemos ata agora
Unha vez detectada a incidencia, activamos diversas medidas para garantir a seguridade da información e previr posibles riscos futuros:
- Reforzamos ao máximo a seguridade do tres servidores non afectados, para protexelos aínda máis fronte a calquera ameaza.
- Estamos a traballar para recuperar o servidor afectado, aplicando criterios estritos de seguridade e restauración da información.
- Creamos un grupo de traballo con persoas expertas, socias e colaboradoras próximas a Coop57, para repensar como organizamos o almacenamento dos datos e mellorar a seguridade estrutural do sistema.
- Estamos a revisar e reforzando os protocolos de xestión de datos persoais. A partir de agora, calquera solicitude de cambio de datos requirirá unha verificación máis estrita, con contacto directo e documentación acreditativa.
Grazas pola vosa confianza
Sentimos moi acompañadas e apoiadas por todas as mostras de apoio e solidariedade que recibimos estes días. Refórzannos na importancia da confianza mutua e do compromiso colectivo que dá sentido a Coop57.
Seguiremos informando con total transparencia e continuaremos traballando con determinación para garantir a seguridade e a solidez do noso proxecto cooperativo.




