Ante a situación excepcional que estamos a vivir e seguindo as directrices das autoridades sanitarias, Coop57 decidiu prorrogar as medidas adoptadas o pasado venres 13 de marzo ata o martes 14 de abril.
Coop57 sempre se definiu como unha ferramenta ao servizo das súas socias. Un instrumento para a transformación social e a construción dunha economía pensada para as persoas, as comunidades e os territorios. Nestes momentos, é máis importante que nunca lembrar que somos e por que existimos. E é agora cando é necesario activar todos os mecanismos de solidariedade e autogestión cooperativa.
Coop57 está a traballar intensamente para dar resposta ás necesidades das súas socias e do conxunto das entidades da economía social e solidaria que necesitan apoio nestes momentos:
- Deuse resposta ás necesidades operativas das socias colaboradoras na xestión do seu aforro.
- Atendéronse máis de 70 solicitudes de entidades socias con préstamos vixentes para aplicar carencias -que xa superan os 3 millóns de euros.
- Ampliáronse préstamos existentes con causa xustificada polo contexto.
- Trabállase para atender novas solicitudes de financiamento e, por tanto, actívanse os procesos tanto desde o punto de vista social como financeiro.
- As comisións sociais e técnicas, así como o Consello Reitor e os diferentes Consellos de Sección, avalían as necesidades das novas entidades, ideando novos mecanismos que respecten os nosos estándares habituais de rigor ético e democrático.
- Durante o mes de marzo atendéronse máis de 10 novas solicitudes de alta como socias de servizos e para a concesión de novos préstamos. A previsión é que durante abril se xestionen unha quincena de novas peticións.
Preparámonos para o "despois"
Sabemos que agora hai que xestionar a urxencia e dar resposta ás necesidades inmediatas das socias de Coop57. Pero tamén sabemos que é necesario prepararnos para facer fronte e dar resposta ao que virá máis adiante.
Están a traballarse diferentes frontes para articular as máximas garantías, que permitan que Coop57 poida ofrecer todas as solucións financeiras posibles ás súas socias e xestionar de forma colectiva, solidaria e mancomunada as dificultades e solucións futuras.
Poñemos no centro a vida, os coidados, o ámbito comunitario. É grazas a toda a poboación que se está envorcando para soster a vida que pasaremos esta situación. Por suposto, grazas ás persoas que conforman a sanidade, que a necesitamos máis que nunca pública e universal.
Tamén todas as persoas que garanten os servizos de limpeza, abastecemento, produción alimentaria, nos mercados e supermercados, no coidado nos fogares, no transporte, na atención ás persoas maiores, na loita contra a exclusión social, nas redes de apoio mutuo... Grazas a todas vós.

Mantemos o que vos diciamos hai unhas semanas: “Coidádevos, coidade, coidémonos e que vos coiden”
____________________________________________
Lembramos que as principais medidas adoptadas durante o confinamento son:
- Coop57 segue traballando para garantir a operativa básica de todas as socias, sexan colaboradoras ou de servizos, así como o funcionamento normal da oficina virtual
- Non se fai atención presencial en ningunha oficina.
- Todas as reunións -entre traballadoras, socias, entidades, órganos, etc.- fanse de forma telemática e estanse habilitando os mecanismos necesarios para outras situacións concretas.
Finalmente, a canle de comunicación principal é o correo electrónico:
- Coop57 general: coop57@coop57.coop
- Coop57 Aragón: aragon@coop57.coop
- Coop57 Andalucía: andalucia@coop57.coop
- Coop57 Asturies: asturies@coop57.coop
- Coop57 Catalunya: catalunya@coop57.coop
- Coop57 Euskal Herria: koop57eh@coop57.coop
- Coop57 Galiza: galicia@coop57.coop
- Coop57 Madrid: madrid@coop57.coop