La Fundació Coop57 segue superando novos retos durante o segundo semestre de 2021.

En outono organizouse o primeiro Foro de Donantes da Fundación Coop57. Quere ser un espazo anual de rendemento de contas e reflexión conxunta coa participación dos colectivos cos que traballa a fundación.

Na edición de 2021, participaron Aziz Faye, del Sindicat popular de venedors ambulants de Barcelona, Tamara Clavería Jiménez, da Asociación Mujeres Gitanas de Euslkadi AMUGE, Mireia Chavarría da cooperativa Aula d’idiomes (que levaron a cabo o Casal Popular de La Bordeta no verán, co apoio da fundación), Pedro Manuel Molina da Asociación Cultural Gitana Vencedoras, o educador social David Vázquez e Sira Vilardell da Fundació Surt e o Projecte Lliures. O primeiro foro foi un éxito e recolléronse achegas moi importantes para proxectar o traballo futuro da Fundación Coop57.

Por outro lado, en canto á quinta edición do Germinador Social, o pasado novembro anunciáronse as iniciativas gañadoras: catro na categoría de Comunidades Enerxéticas Locais e dúas na loita contra a Pobreza Enerxética. Os proxectos gañadores foron La Fresneda (Teruel), Solidarizando el Sol (València), Cooperativa La Raval (Manresa), Viure de l’Aire de Barcelona (Barcelona), Autoconsumo Colectivo para Hogares Vulnerables (Sevilla) e Cañada Solar (Madrid). O concurso para a promoción da transición enerxética naceu cinco años atrás, froito da alianza entre Som Energia, Coop57 e a súa fundación.

Tecendo coidados comunitarios

Durante o segundo semestre, levouse a cabo a campaña #SomosMimbres, para apoiar o centro socioeducativo da Asociación Gusantina, entidade referente no barrio de La Madalena en Zaragoza. A asociación sostén e concilia a vida de familias diversas, nun contexto de exclusión socioeconómica, que necesitan unha solución para o coidado das súas filla e fillos mentres buscan unha alternativa formativa e laboral.

Coa campaña garantiuse o posto de traballo por uns meses a cinco “mimbreras”, que son mozas do barrio que ofrecen estes coidados, mentres adquiren ferramenta necesarias para a súa autonomía, tendo unha primeira experiencia laboral con Gusantina. Tívose un amplo apoio de toda a forza territorial de Coop57 Aragón e, en tempo récord, recolléronse 21.064,99 euros de 257 doazóns.

Construímos pontes para a transformación social

En canto a facer crecer a base de doantes estábeis da fundación, a campaña de final de ano “Costruímos Pontes” foi moi exitosa e recolléronse 11.573 euros en doazóns. O lema quería reflectir como necesitamos andar cos colectivos en loita, desde a economía social e transformadora para superar o abismo do capitalismo. Sen asistencialismo e da man do ecoloxismo, o antirracismo e os feminismos.

Por iso, desde a Fundación Coop57 constrúense pontes para loitar contra as desigualdades, a exclusión e a precariedade laboral. Pontes para promover a revitalización do mundo rural e a transición enerxética. Unhas pontes de solidariedade que se poden levantar e fortalecer grazas ao apoio da base social que, cada día con máis xente e entidades apoia os proxectos cos que a Fundación Coop57 tece alianzas.

Sale en portada general: