Nos últimos meses, Coop57 concedeu financiamento a 10 proxectos do ámbito rural por un importe total de máis de 500.000 €, en liña cun dos eixos estratéxicos definidos colectivamente no proceso de reflexión participativa Horizontes desenvolvido a finais de 2022.

Pero, máis aló das cifras, hai proxectos que perseguen revitalizar ámbitos rurais mediante prácticas transformadoras de economía social e solidaria. Desde un proxecto de agricultura ecolóxica, regenerativa e sustentable no Alt Penedès, á consolidación dunha explotación agroecológica na Noguera, pasando por unha iniciativa de turismo activo e de apicultura na Serra de Culebra (Zamora), por unha cooperativa dedicada á venda de flor cortada en Tomiño (Pontevedra) ou por unha cooperativa de servizos  para promover unha transición agro-ecolóxica no Val do Jerte (Estremadura).

Coop57 tamén financiou explotacións gandeiras e de elaboración e comercialización de queixos. A granxa e quesería de Montmelús (na Cerdanya) contribuíu a repoboar o val mediante a súa actividade gandeira e artesá, e o rabaño de Can Bofill, na serra de Collserola, xunto coa quesería de Can Robert, na localidade de Gavà, pretenden desenvolver actividade transformadora e comunitaria vinculada ao sector primario en espazos rurais próximos ás metrópoles barcelonesa.

 

 

Sequoia, na comarca de Osona, ofrece outra forma de contribuír ao desenvolvemento rural mediante unha cooperativa integral que inclúe unha liña de cooperativa de vivenda en cesión de uso con outra de actividades agroecológicas, sociais, culturais e políticas.

Coop57 apoia financieramente a estes proxectos mediante distintas tipoloxías de préstamo, axustadas ás necesidades específicas de cada un: préstamos de investimento, préstamos para a adquisición de leiras e inmobles, e pólizas de crédito. Desta forma, transformamos o aforro solidario das nosas socias en crédito transformador en contornas rurais.

Sale en portada general: