- Poden ser socios e socias colaboradoras todas as persoas físicas que partillen os principios de finanzas éticas e solidarias de Coop57.
- Para adquirir a condición de socio ou socia colaboradora hai que desembolsar o capital mínimo obrigatorio de 300 euros. O pago desta contía pódese efectuar de forma fraccionada.
- O socio ou socia colaboradora pode facer achegas voluntarias adicionais as veces que queira. Tamén pode realizar achegas periódicas de carácter fixo.

