En Coop57, o aforro deposítase en forma de achegas ao capital social da cooperativa. Non somos un banco, e por tanto non se trata de depósitos bancarios clásicos nin de contas correntes nas que domiciliar unha nómina ou un recibo.

A conceptualización das achegas en Coop57 é a dun espazo de aforro: utilizar aqueles recursos económicos que se teñen aforrados e gardalos en Coop57 coa seguridade de que o seu uso terá un enorme valor social.

Ao non ser un banco, non dispomos de operativa bancaria, pero si temos desenvolta unha operativa para xestionar estas achegas. Sempre que se desexe, pódense facer novas achegas, tanto puntuais como periódicas, e do mesmo xeito, pódese solicitar unha devolución, parcial ou total, do aforro achegado cando se necesite. Todo isto pódese xestionar a través da oficina virtual de Coop57, de forma áxil e sinxela.

Aforrar en Coop57 non leva asociado ningún gasto, custo nin comisión.

 

Realizar achegas ao capital social

 

Composición das achegas ao capital social de Coop57:

As achegas de aforro ao capital social de Coop57 divídense entre a achega obrigatoria e o resto de achegas, que teñen carácter voluntario.

  • Achega obrigatoria ao capital social: Para converterse en socia colaboradora é necesario realizar unha achega obrigatoria de 300 € ao capital social de Coop57. Trátase dunha achega mínima de aforro que se solicita a todas as persoas ou entidades que desexan ser socias colaboradoras.

  • Achegas voluntarias ao capital social: Se se desexa achegar máis de 300 €, o resto da achega considérase unha achega voluntaria ao capital social de Coop57. As achegas voluntarias, a diferenza das obrigatorias, teñen unha remuneración económica asociada que se decide anualmente en asemblea.

Existen dúas opcións de achegas voluntarias:

- Achegas voluntarias esixibles: Achegas sen ningún período de permanencia que se poden retirar, parcial ou totalmente, en calquera momento sen custo nin penalización. As achegas voluntarias remunéranse anualmente a data 31 de decembro.
Remuneración 2025: 0,50% anual.

- Achega voluntaria con permanencia: Achegas cun período de permanencia de 2 anos. Pódense retirar, parcial ou totalmente, en calquera momento, pero en caso de facelo antes do seu vencemento, deixaranse de percibir os xuros xerados durante o ano en curso.
Remuneración 2025: 1,5% anual.

 

O seguinte cadro resume as súas características: