Para fortalecer a solidez financeira das entidades socias

Produto para financiar o desembolso das achegas ao capital social dos socios e socias de cooperativas e sociedades laborais, co obxectivo de aumentar os seus fondos propios.

Importe e prazos para a operación:

  • Importe mínimo: 2.000 euros.
  • Importe máximo: 10.000 euros
  • Prazo devolución: máximo 5 anos.
  • Posibilidade de reembolso anticipado.
  • Sen posibilidade de carencia.

Custo financeiro e Comisións:

  • 3,60% anual (para 2021).
  • Sen comisións de apertura nin estudo.
  • Sen penalizacións para amortización anticipada nin outros tipos de gastos.

Outras consideracións:

  • O préstamo concédese á persoa socia que é quen capitaliza a súa entidade
  • Coop57 non financiará o desembolso inicial da achega obrigatoria, esixido por lei para constituír a cooperativa.
  • As achegas financiadas non son esixibles para a persoa socia subscritora, durante a vixencia do préstamo.
  • A persoa/entidade socia e a cooperativa son solidariamente responsables do importe do préstamo e da súa devolución a Coop57.