
ConsumoGusto é unha cooperativa de Huelva cunha ampla base social e que desde 2011 presta servizos aos seus socios e socias na distribución de produtos de comercio xusto, ecolóxico e de proximidade para o seu consumo. Ademais, ten un servizo de catering e degustacións a través do cal, facilita procesos de inserción no mercado laboral a persoas en risco de exclusión. O servizo tamén serve para sensibilizar á cidadanía no consumo responsable, en alimentación sustentable e consciente. Tras case quince anos, a cooperativa consolidouse como unha iniciativa referente en Huelva.
Cando a entidade pide un préstamo a Coop57 xa tiña consolidadas tres áreas de traballo: o sistema de distribución de alimentos e produtos ecolóxicos mediante ‘A outra cesta’, os servizos de catering e degustacións e tamén actividades de formación e sensibilización sobre consumo responsable, Agroecoloxía e economía social e solidaria. O paso que querían dar agora é o de abrir a súa propia tenda de produtos, aberta á cidadanía. Para iso, necesitaban facer fronte á reforma do local da rúa Palos de la Frontera, nº27, de Huelva. As obras de adecuación do local, para as cales se solicita financiamento, suman un importe de orzamento estimado de 16.350 €.
Grazas ás obras no local, a tenda con espazo gastro-café xa é unha realidade. Os socios e clientela non só poderán adquirir comida para levar, senón tamén consumila no propio local ademais de participar en actividades de formación grazas á nova zona polivalente.






