Coop57 inicia unha nova etapa cunha presidencia colexiada formada por cinco persoas. Este modelo de liderado compartido busca reforzar a gobernanza democrática da cooperativa e afrontar os retos de futuro das finanzas éticas. Esta a etapa empeza “con moita ilusión e forzas renovadas” e coa vontade de “crear espazos para o debate e a reflexión”, tal como sinala Jone Etxeberria, vicepresidenta e presidenta de Koop57 Euskal Herria.
As novas incorporacións á presidencia son Karim, da cooperativa Idària, que asume a presidencia, xunto a Sarai, da Col·lectiu Rolda e Alfons, da fundación Els Tres Turóns. Ambos darán apoio ao órgano e á súa presenza dentro dos diferentes espazos da cooperativa. Estes súmanse a Jone e Amaya, que xa formaban parte da presidencia. No caso de Karim, entrar na presidencia responde á vontade de devolver o que Coop57 achegoulle:
Despois de anos formando parte dos consellos de sección de Catalunya e do Consello Reitor, chega un momento en que nos toca dar: é unha forma de devolver o que me deu Coop57.
Esta nova presidencia tamén pon sobre a mesa a importancia de que estes espazos poidan estar formados por perfís diversos con novas miradas e experiencias. Neste sentido, Karim remarca que a presenza de persoas racializadas en espazos de representación é relevante “non por cota senón por capacidades, vontade e polo que se pode chegar a achegar”.

Por que unha presidencia colexiada?
Este modelo responde a unha vontade de fortalecer espazos de debate estratéxico e de construír unha visión compartida do futuro de Coop57. Como sinala Jone, esta nova estrutura permitirá “abordar temas fundamentais para a cooperativa” coa posta en marcha de comisións de nova creación e a participación en comisións xa establecidas.
A presidencia colexiada parte do traballo compartido na xestión diaria e na toma de decisións. A iso, Karim destaca que as tarefas se reparten “de maneira que cada persoa complementa onde non chega a outra”, tendo que traballar desde o consenso e a pluralidade na toma de decisións. Nesta liña, Sarai subliña como este modelo fomenta a “corresponsabilidade” e unha organización “máis horizontal e aliñada cos principios cooperativos”. Amaya, membro da presidencia e das cooperativa Redes engade que o feito de que as persoas da presidencia traballen en ámbitos distintos achega máis puntos de vista e, en beneficio, permite unha visión máis global e chegar a máis espazos dentro de Coop57.
Que valores quere defender a presidencia de Coop57?
A nova presidencia colexiada tamén asume un rol político, velando porque a actividade da cooperativa sexa fiel aos principios de Coop57. Neste sentido, Jone destaca como “Coop57 é unha cooperativa complexa e diversa por territorio, cultura e idioma”, pero non só isto, tamén por “experiencia, traxectoria vital e nivel de coñecemento da cooperativa e das finanzas”. Aínda que existe unha pluralidade interna, desde a presidencia teñen clara a necesidade de pór a economía ao servizo das persoas e do ben común, reforzando os principios das finanzas éticas e do cooperativismo. Sarai subliña estes principios e destaca que Coop57 debe ser unha ferramenta financeira ao servizo da transformación social aliñada con criterios de “xustiza social, sustentabilidade, perspectiva feminista e de participación democrática”.
Seguindo nesta liña, un dos obxectivos da presidencia é o de seguir impulsando o crédito como unha ferramenta de transformación social. Para iso, o obxectivo é o de garantir o acceso de proxectos que xeren un impacto positivo no territorio e de seguir impulsando a intercooperación con entidades da economía social e solidaria. Sarai remarca que:
Coop57 ten que seguir avanzando como unha ferramenta que reme a favor de un modelo económico máis transparente, feminista, inclusivo e sustentable con capacidade real de xerar un impacto transformador.
Que retos ten Coop57?
Un dos principais retos de Coo57 é o de fortalecer a súa base social e a súa capacidade financeira para poder dar resposta aos desafíos sociais actuais. Nun contexto político e económico incerto “necesitamos moita forza financeira para a economía social: estamos obrigados a crecer para dar resposta aos retos que temos diante”, alerta Karim.
Outros dos retos actuais é a consolidación territorial da cooperativa. Aínda que Coop57 naceu en Cataluña, nos últimos anos se han consolidados as seccións territoriais en Euskal Herria, Galicia, Madrid, Asturies, Andalucía e Aragón. O reto, pois, é o de “crecer en todo o territorio”, tal como explica Karim, consolidando as seccións xa existentes e reforzando o crecemento de Coop57 de maneira progresiva e consciente.
Máis aló do seu labor financeiro, a presidencia imaxina un Coop57 con maior capacidade de comunicación e incidencia social. Ir máis aló da concesión de préstamos para participar activamente en debates sociais, contribuíndo en cambios xa non só materiais, senón tamén culturais e ideolóxicos. Jone teno claro: imaxina unha Coop57 “saíndose das marxes propios da concesión de prestamos, establecendo unha conversación con socias e entidades”, todo para “ser parte do cambio social, xa non só material, senón tamén ideolóxico”.




