No primeiro semestre de 2021, a Fundación Coop57 continuou o camiño da nova etapa. Dúas campañas -#ElLleureÉsUnDret y #GiraZapatistaCAT- foron as protagonistas das accións máis visíbeis. Á vez, continuouse un proxecto en intercooperación sobre os ecosistemas agroecolóxicos locais do mundo rural catalán. Por outro lado, executáronse as primeiras fases da quinta edición do Germinador Social.
 
Garantir o dereito ao ocio da infancia
 
Parte da actividad da fundación centrouse en dúas campañas de micromecenado. A raíz do estalido da pandemia, nun dos momentos máis duros, durante o verán de 2020 a Aula d’Idiomes, en colaboración coa Escoleta Popular de La Bordeta e o Grup d’Habitatge de Sants (GHAS) puxeron en marcha un casal popular de verán dirixido a nenos e nenas de Sants que se atopan nun contexto de exclusión social. A resposta popular permitiulles a varios fogares ter acceso a unha opción de ocio para os seus fillos e fillas no mes de xullo.
 
Este ano, as tres impulsoras do proxecto propoñen repetir a experiencia. Por iso, conxuntamente coa Fundación Coop57 ponse en marcha a campaña #ElLleureÉsUnDret co obxectivo de recoller 3.500 euros que cubran os gastos dunha nova edición destes casais rebeldes e populares no barrio de Sants, mellorando as condicións tanto para os menores como para as adultas que se fan cargo. O micromecenado foi exitoso e conseguiuse sumar máis de 3.658€, coa solidariedade dun centenar de persoas.
 
Unha ponte entre Chiapas e Cataluña

A visita zapatista ao continente europeo é un fito histórico, polo que a Fundación Coop57 en colaboración coa Asemblea de col·lectives i persones de Catalunya per la coordinació de la Gira Per la Vida 2021, impulsaron a campaña #GiraZapatistaCAT. O obxectivo era tan simple como ambicioso: recoller unha caixa económica para cubrir parte dos gastos de loxística e a acollida das zapatistas.
 
A resposta foi boa e recolleron 22.403,98 euros, repartidos en 320 doazóns individuais e colectivas. Para a Fundación Coop57 foi un honor poñer un pequeno gran de area que axude a facer posíbel a Gira Zapatista europea Por la Vida na súa visita en terras catalás.
 
Na xira, os, as e oas zapatistas terán a oportunidade de encontrarse politicamente con loitas sociais de todo tipo, de compartir experiencias e de coñecer as realidades locais de cada territorio europeo que visiten. Esta viaxe á inversa –posto que, desde hai trinta anos as zapatistas foron anfitrioas de miles de persoas atraídas pola revolución comunal mexicana– é un exercicio de memoria, reparación e construción de vínculos.
 
Proxectos que continúan

Tamén se reactivaron o Germinador Social, o concurso de innovación para a transición enerxética que chega á 5ª edición. Pechouse en xuño coa presentación duns trinta proxectos ao certame, que serán validados polo equipo promotor do concurso: Som Energia, Coop57 e a Fundación Coop57. Unha vez seleccionados, abrirase a fase de votacións populares a mediados de setembro. Por primeira vez, a decisión dos premios recaerá exclusivamente nas votacións populares.
 
Finalmente, cristalizou unha iniciativa posta en marcha en 2020: trátase do proxecto “Món Pagès, Terra Cooperativa”, enmarcado na liña de traballo de revitalización do mundo rural. É unha diagnose participada e unha compilación de propostas que achegan ferramentas de análise e reflexións para tecer unha mirada comparativa dos diferentes ecosistemas agroecolóxicos cataláns. É un proxecto conxunto da Fundación Coop57, L’Arada, Rurbans, Raiels, L’Aresta, Idària, Tres Cadires e co apoio da Federació de Cooperatives de Treball de Catalunya. A proposta ten na axenda unha sesión aberta prevista para o próximo mes de xullo, onde se presentarán os resultados.
Sale en portada general: