
Co inicio do curso 2019-2020 hai varias tarefas e retos da Comisión Feminista en Cataluña que se queren retomar ou pór en marcha após a pausa do verán. Por exemplo, temos a proposta de xerar este ano espazos de debate, reflexión e creación de coñecemento na cooperativa coa participación das socias.
Nesta liña, hai dous debates propostos para facer en sesións monográficas. O primeiro tema que se quere abordar é o ámbito financeiro desde unha perspectiva ecofeminista. Cal é a nosa visión do diñeiro, da débeda ou da economía? Por outro lado, o segundo tema que xera moito interese pola súa enorme vixencia e necesidade crecente na cotiandade, é a da socialización dos coidados. Como organizarnos socialmente para responder ás necesidades de coidados e á corresponsabilización? Que quere dicir e que implica unha organización social feminista dos coidados e as tarefas reprodutivas?
Finalmente, propúxose un calendario de reunións mensuais con dúas reunións máis amplas de aquí a xullo. As socias colaboradoras poden formar parte se teñen interese, así que desde a Comisión faise un chamamento para convidar ás persoas de todas as seccións territoriais que teñan ganas de traballar
Comisión Feminista Coop57 Catalunya