Ser entidade sócia colaboradora

A Lei de cooperativas admite a figura do socio ou da socia colaborador. As entidades socias colaboradoras vincúlanse a COOP57 porque cren no seu proxecto e queren participar cos seus aforros no desenvolvemento dun instrumento de financiamento alternativo, ético e solidario.

As motivacións que levan os socios e ás socias colaboradores a participaren en COOP57 son varias, mais entre elas poderíamos destacar:

  • Xestionaren os seus aforros de forma coherente cos seus propios principios éticos e valores persoais.
  • Participaren e colaborar cun proxecto cooperativo e democrático que ofrece a posibilidade de se responsabilizar do uso dos propios aforros, é dicir, a autoxestión financeira.
  • Trátase de recuperar o control sobre o destino dos nosos aforros. Os socios e as socias colaboradores poden decidir onde van parar os seus aforros.
  • Obteren un rendemento financeiro vinculado a un alto rendemento social.

Condicións para ser entidade sócia colaboradora

  • Poden ser socios e socias colaboradores todas as entidades que compartan os principios de finanzas éticas e solidarias de COOP57.
  • Para adquirir a condición de socio ou socia colaboradora  hai que desembolsar o capital mínimo obrigatorio de 300 euros. O pago desta contía pódese efectuar de xeito fraccionado.
  • O socio ou socia colaborador pode facer achegas adicionais as veces que queira. Tamén pode realizar achegas periódicas de carácter fixo.

 

Opcións de aforro

Dereitos e deberes das entidades sócias colaboradoras

Dereitos sociais, de participación, económicos e de información:

  • Os socios e as socias colaboradores participan na Asemblea da sección territorial de COOP57 á que pertenzan con voz e voto. O seu voto está sometido ao límite que estabelecen os estatutos sociais: non pode superar o 30% da totalidade dos votos sociais. Poden elixir e ser elixidos para os cargos dos órganos sociais de COOP57.
  • Poden participar de todos os espazos de debate e reflexión que se propoñan así como de comisións de traballo que se poidan crear en Coop57.
  • Os socios e as socias colaboradores non poden recibir empréstitos.
  • As achegas están suxeitas a remuneración anual. A contía da remuneración apróbase (ou non) na primeira Asemblea Xeral do exercicio en curso a proposta do Consello Reitor.
  • Os socios e as socias colaboradores teñen dereito a acceder á información da actividade de COOP57. Para este efecto, reciben o Boletín Informativo de COOP57, de periodicidade semestral, onde constan todos os proxectos aprobados e financiados.

Facerte entidade sócia colaboradora

Para converterse en entidade socia colaboradora de Coop57 débese cubrir un formulario para solicitar a alta.

Formulario de alta como entidade socia colaboradora

Unha vez recibamos o formulario e todo estea correcto, enviarémosche o contrato ao teu domicilio.

Tamén se pode solicitar a alta por correo electrónico enviando un correo ao enderezo ou dirixíndote, fisicamente, ás sedes de Coop57. Para consultar os datos de contacto ir aquí.