En Coop57 estruturámonos de acordo a un modelo organizativo en rede. Isto significa que a nosa forma organizativa é horizontal e está alicerzada nos principios de participación e de arraigo territorial.
Esta estruturación, baseada nunha rede de persoas e entidades que interactúan e que se coñecen e se entrelazan entre si, conforma boa parte da personalidade de Coop57 e, de feito, a participación das persoas e entidades socias é fundamental para o bo funcionamento da cooperativa.
Estamos estruturados por seccións territoriais, cada unha das cales ten os seus propios órganos e estruturas de participación.
Este modelo responde a varios motivos. Por un lado, a proximidade na actuación permite ter un coñecemento máis profundo do territorio e da realidade social e, por tanto, un coñecemento máis profundo das necesidades que existen en cada caso, o que significa que se lles pode dar mellor resposta.
Por outro lado, un crecemento horizontal permite unha maior integración e cohesión da nosa base social que posibilita a creación de tecidos sociais de carácter local.
Ademais, un modelo descentralizado tamén facilita a participación dos socios e socias a medida que o proxecto medra xa que os núcleos de participación non medran ao mesmo ritmo que a cooperativa.
En Coop57 non desenvolvemos un modelo convencional de crecemento e/ou expansión. Non decidimos expandirnos cara a un territorio determinado, senón que Coop57 só vai poder existir naqueles territorios nos que se queira que exista. Son as persoas e entidades as que, organizadas en rede, xestionan a creación e a administración de cada sección de Coop57 mediante a participación e a autoxestión.
PENDIENTE TRADUCCIÓN
En Coop57 existen unos órganos de carácter general y unos órganos específicos de cada sección territorial.
En la siguiente imagen se puede ver el organigrama organizativo de Coop57:
A estrutura de Coop57 componse de:
Asemblea Xeral
É o órgano soberano de Coop57.
- Designa o Consello Reitor.
- Decide cales van ser as liñas estratéxicas da cooperativa, os criterios éticos e as taxas de xuro.
- Controla a xestión anual e aproba as contas.
- Aproba o plano de traballo anual.
- Reúnese, como mínimo, unha vez ao ano.
Consello Reitor
O Consello Reitor é o órgano social de representación e goberno da cooperativa.
- Os seus membros son escollidos pola Asemblea Xeral entre as entidades socias e as persoas socias colaboradoras.
- É o órgano encargado da aplicación do plano de traballo aprobado na Asemblea.
- Aproba a incorporación de novos socios e socias de Coop57.
- Reúnese mensualmente.
Comisión delegada do Consello Reitor
- Está formada polo presidente, o tesoureiro do Consello Reitor e o coordinador de Coop57.
- Vela polo cumprimento do plano de xestión aprobado anualmente.
- Ten capacidade para ir planificando os obxectivos a curto prazo.
Equipo técnico
- Está integrado polas persoas que realizan a xestión diaria de Coop57 en todas as seccións territoriais.
- Desenvolve as súas tarefas en función do plano de traballo anual aprobado na Asemblea Xeral.
- Responsabilízase da execución, o seguimento e o control dos créditos concedidos.
- Propón novos servizos financeiros, tanto de activo como de pasivo, ante os órganos sociais de Coop57 (Asemblea, Consello Reitor e Comisión Delegada do Consello Reitor).
- Supervisa a xestión de proxectos nas diferentes áreas.
- Leva a cabo a administración e a contabilidade da cooperativa.
- Encárgase da xestión da oficina (atención telefónica, convocatorias, correspondencia etc.) así como da atención a socios e socias.
Ademais, cada sección territorial ten os seus propios órganos de decisión e organización:
Asembleas de sección
- É o órgano soberano da sección. Designa o Consello de Sección.
- Controla a xestión anual e aproba as contas da sección.
- Decide as liñas estratéxicas da sección e aproba o plano de traballo e o orzamento anual.
- Cada socio ou socia da cooperativa está adscrita a unha sección territorial.
- É o órgano de participación directa de todas as persoas e entidades socias.
- As súas deliberacións e decisións trasládanse á Asemblea Xeral.
- Reúnese como mínimo unha vez ao ano.
Consellos de Sección
É o órgano de representación, goberno e xestión da sección territorial.
- Existe un consello de sección en cada sección territorial.
- Aproba a concesión de novos empréstitos.
- Proponlle ao Consello Reitor a incorporación de novos socios e socias.
- Os seus membros son escollidos entre todas as socias e socios na Asemblea de Sección.
- Reúnese mensualmente.
Comisión Técnica
O papel da comisión técnica é avaliar as solicitudes de empréstitos das entidades socias de Coop57. A súa función é garantir que os proxectos sexan viábeis e poidan afrontar o reembolso dos préstamos. Os seus membros son persoas vinculadas á economía social e solidaria e con coñecementos económicos e financeiros, pero independentes da estrutura técnica de Coop57.
As súas características principais resúmense da seguinte maneira:
- É un órgano de carácter consultivo e de participación voluntaria de persoas socias de Coop57.
- Está composta por persoas de renome e alleas á xestión de Coop57.
- Avalía as solicitudes de financiamento desde os aspectos técnicos e económicos.
- Analiza e ditamina a viabilidade económica dos proxectos que se presentan.
- Recoméndalle ao Consello de Sección a aprobación ou o rexeitamento dos créditos solicitados.
Comisión Social
O papel da Comisión Social consiste en avaliar as entidades que solicitan darse de alta como socias de Coop57. A súa función é certificar que a súa actividade se adecúe aos criterios éticos e sociais de Coop57. Os seus membros son persoas vinculadas á economía social e solidaria, ao asociacionismo popular e aos movementos sociais, pero son independentes da estrutura técnica de Coop57.
As súas característica principais resúmense da seguinte maneira:
- É un órgano de carácter consultivo e de participación voluntaria de persoas socias de Coop57.
- Está composta por persoas de renome e que non forman parte da xestión de Coop57.
- Avalía as solicitudes de alta de novas entidades socias de servizos desde a dimensión ética e social.
- Analiza e ditamina o interese social dos proxectos que se presenten.
- Recoméndalle ao Consello de Sección a aprobación ou rexeitamento das solicitudes de alta como socias de servizos.