O plan de traballo de 2021 ideouse desde a ambición de seguir mellorando e afondando nos obxectivos esenciais de Coop57 e ser unha ferramenta ao servizo da economía solidaria e a transformación social.

Ámbito social:
 
Traballarase en tres grandes eixes: ampliar a base social de Coop57 e fomentar a súa participación, empezar a estabelecer mecanismos de medida de impacto social da súa actividade e o perfeccionamento de todo o traballo sobre a definición dos criterios sociais que guían a valoración e seguimento das entidades e o seu potencial transformador.
 
Ámbito económico:
 
A actividade crediticia de Coop57 seguirá traballando para satisfacer as necesidades financeiras das entidades e persoas socias, tanto nos servizos financeiros xa estabelecidos, como no deseño de todas aquelas novas solucións que aborden novas realidades e necesidades. Tamén se seguirá traballando con rigor para dispor dos recursos económicos e administrativos que garantan a sustentabilidade de Coop57.
 
Ámbito político:
 
Sale en portada general: